A illa Etolin (Inglés:Etolin Island) é unha illa dos Estados Unidos localizada no arquipélago Alexander, no sueste do estado de Alasca () Atópase entre a illa do Príncipe de Gales, ao oeste e o territorio continental de Alasca, ao leste, e a illa Wrangell, ao sueste. Cartografouse por primeira vez en 1793 por James Johnstone, un dos oficiais de George Vancouver durante a a súa expedición 1791-95. Trazou soamente as súas costas do suroeste e do leste, sen decatarse de que era unha illa. Orixinalmente chamouse illa do Duque de York (Duke of York Island), pasou a chamarse Etolin cando os Estados Unidos realizaron a compra de Alasca a Rusia.Statement of facts regarding the Alaska boundary question, p.1383 , Alexander Begg (1825–1905), Report to the Attorney-General of British Columbia, 1902. Etolin leva o seu nome en recoñecemento a Adolf Etolin, administrador colonial na América rusa entre 1840 e ata 1845.
A illa ten 48 km de longo e entre 16 e 35 km de largo, cunha superficie de 878´08 km², polo que é a 24ª illa máis grande dos Estados Unidos. Segundo o censo de 2000, Etolin tiña unha poboación de tan só 15 persoas.
Na illa hai unha poboación introducida de alces. Toda a illa atópase dentro dos límites do Bosque nacional Tongass (Tongass National Forest). a parte sur da illa designouse oficialmente como Área Salvaxe Etolin Sur (South Etolin Wilderness).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Arquipélago Alexander
Ligazóns externas
Categoría:Illas e arquipélagos da costa de Norteamérica Categoría:Illas do Pacífico Categoría:Illas dos Estados Unidos de América Categoría:Arquipélago Alexander