Democracia Ourensana é un partido político ourensán de ámbito provincial dirixido por Gonzalo Pérez Jácome. Dende o 2019 ostenta a alcaldía da cidade de Ourense.
Ideoloxía O partido rexeita a adscrición á dereita ou á esquerda convencionais ("D.O. no es de derechas ni de izquierdas, sino de Ourense"). Con todo, Natalia Puga caracterízao como "populismo de dereitas" e Onda Cero como "localista".
A pesar do seu proclamado carácter transversal, o seu histórico na política municipal, provincial e galega caracterizouse polas alianzas máis ou menos consistentes co Partido Popular: en 2014, favoreceu o acceso á alcaldía do candidato popular Jesús Vázquez; en 2019, obtivo a alcaldía sendo a terceira forza do consistorio ourensán, pasando a integrar os populares no goberno, até a súa ruptura en xullo de 2022, despois de favorecer igualmente a continuidade de José Luís Baltar á fronte da Deputación. Logo das municipais de 2023, DO e PP alcanzaron un acordo para accederen ao mando do Concello da capital e da Deputación, respectivamente, en solitario. Finalmente, após as eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024, o seu único representante, Armando Ojea, abstívose na votación de investidura de Alfonso Rueda.
Por outro lado, o seu líder Gonzalo Pérez Jácome ten desacreditado publicamente os seus adversarios de esquerdas, como o PSdG-PSOE ou o BNG, afirmando sobre este último que "é un partido soviético e Pontón unha radical que defendía terroristas".
Por outro lado, DO renega do galego como lingua vehicular no ámbito público, non sendo usada habitualmente polo seu líder nin de forma sistemática a través das súas canles de comunicación, o que coloca este partido fóra do consenso da normalización lingüística do período autonómico.
Historia
2001-2011: primeiros anos
Fundación do partido e a canle de televisión O partido fundouse e 2001 en torno á canle de televisión local Auria TV por Gonzalo Pérez Jácome xunto a Armando Ojea, Manuel Álvarez. Rebeca Santos e Juan Carlos Frasero.
Primeiros anos na oposición Gonzalo Pérez Jácome foi o candidato de Democracia Ourensana á alcaldía de Ourense nas eleccións de 2003 e 2007, pero non logrou representación. En 2011 o partido entrou na corporación municipal ó lograr dous concelleiros: Gonzalo Pérez Jácome e Susana Gómez Valencia.
Resultados electorais de Democracia Ourensana DataTipoCabeza de listaVotosEscanosLugarEleccións municipais de 2003MunicipaisGonzalo Pérez Jácome 2840OurenseEleccións ao Parlamento de Galicia de 2005Autonómicas6380GaliciaEleccións municipais de 2007MunicipaisGonzalo Pérez Jácome17570OurenseEleccións ao Parlamento de Galicia de 2009Autonómicas10230GaliciaEleccións municipais de 2011MunicipaisGonzalo Pérez Jácome45292OurenseEleccións ao Parlamento de Galicia de 2012AutonómicasRafael Martínez Cachafeiro42450GaliciaEleccións municipais de 2015MunicipaisGonzalo Pérez Jácome13.6798OurenseSerafina Varelas Vieira6302BarbadásAna Fernández Iglesias4372O Pereiro de AguiarEleccións ao Parlamento de Galicia de 2016AutonómicasMiguel Caride76790GaliciaEleccións municipais de 2019MunicipaisGonzalo Pérez Jácome12.0097OurenseSerafina Varelas Vieira4991BarbadásFrancisco González Fraga2611O Pereiro de AguiarEleccións ao Parlamento de Galicia de 2020AutonómicasNon presentaron candidaturaEleccións municipais de 2023MunicipaisGonzalo Pérez Jácome18.38810OurenseDaniel Rey López4601BarbadásDavid Pérez Lorenzo1850O Pereiro de AguiarEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024AutonómicasArmando Ojea15.3121Galicia Auria TV
Auria TV é unha canle de ámbito local propiedade de Gonzalo Pérez Jácome, líder de Democracia Ourensana, dispoñible na canle 51 en Ourense que tamén está en YouTube. Foi a primeira cadea de televisión de España en emitir programas en bucle para telos dispoñibles a distintas horas do día. Emite, basicamente, propaganda, roldas de prensa e algúns programas sobre política provincial.Canle Auria TV en YouTube
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Eleccións municipais en Ourense Eleccións municipais en Barbadás Eleccións municipais no Pereiro de Aguiar
Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes