Acontecementos Fundación da Universidade de Roma. 6 de marzo: arbitraxe entre os mosteiro galegos de Aciveiro e Melón, que fixou os lindes entre ambos nos montes de Rubillón (no actual concello de Avión, Ourense). 16 de marzo - Máis de 200 cátaros son queimados en Montségur, rematando a cruzada contra os albixenses. 26 de marzo: Castela e Aragón asinan o tratado de Almizra, que fixa os lindes entre ambas no Oriente meridional da Península Ibérica. Xacobo de Voragine ingresa na orde dominica. Xaime I de Aragón "reconquista" Altea (actual Valencia). Primeiro rexistro documentar sobre a cidade de Berlín. Sevilla, Ceuta, Tlemcen e Meknès recoñecen a soberanía de Yahyâ I, soberano hafsida de Tunicia. 23 de agosto : Xerusalén, apenas defendida, é tomada polo sultán de Exipto, ficando definitivamente perdida para os cristiáns.
Nacementos Erwin von Steinbach, mestre construtor da catedral de Estrasburgo († 1318).
Mortes Armand de Périgord, 16º Grande Mestre dos templarios (17 ou 20 de outubro).
Historia ano a ano
Categoría:1244