miniatura|dereita|Piazza di Spagna vista dende as escaleiras. Piazza di Spagna é unha das prazas con máis sona de Roma. Toma o seu nome do Palacio de España, sede da embaixada española ante a Santa Sé e a Orde de Malta. Na praza salientan a coñecida escalinata que chega atá a igrexa de Trinità dei Monti e a barroca Fontana della Barcaccia.

A praza A praza atópase no cruzamento das rúas Via del Babuino (que leva a Piazza del Popolo) dende o norte, polo oeste a Via del Condotti e polo sur a Via dei due Macelli e a Via della Propaganda. Xusto no centro atópase a famosa Fontana della Barcaccia, do barroco temperá, esculpida por Pietro Bernini e o seu fillo, o célebre Gian Lorenzo Bernini. Ó sur da fonte, atópase a columna da Inmaculada Concepción, artigo de fe destacado entre os católicos españois.La Plaza de España es una de las plazas mas visitadas en la ciudad de Roma, en arqhys.com

Na esquina dereita da escalinata atópase a casa do poeta inglés John Keats, que viviu e morreu no lugar en 1821. Hoxe é un museo adicado a el e o seu amigo Percy Bysshe Shelley, ámbolos dous figuras do Romanticismo inglés.

Na parte norte da praza, á esquerda da escalinata, está a estación de metro Spagna, da liña A, que toma o seu nome da praza.

Preto desta praza atópase a Via Condotti moi coñecida en Roma polas súas exclusivas tendas.http://www.roma.es/visitar-roma/tridente/plaza-de-espana.htm

Notas

Categoría:Roma Spagna