Soiuz 4 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 14 de xaneiro de 1969 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.
Características Soyuz 4, unha Soiuz modelo 7K-OK co cosmonauta Vladimir Shatalov a bordo, foi unha nave lanzada para acoplarse coa Soiuz 5 no que sería o primeiro acoplamento soviético no espazo simulando un acoplamento en órbita lunar. A Soiuz 5 foi lanzada o día seguinte á Soiuz 4, con Boris Volinov, Ievgeni Khrunov e Aleksei Ieliseiev a bordo. Tras sincronizar as órbitas as naves comezaron o achegamento automático o 16 de xaneiro ás 13:37 GMT ata que estiveron a 100 m de distancia, momento no que Shatalov tomou o control manual da nave e se acoplou suavemente no primeiro intento coa Soiuz 5. Khrunov e Ieliseiev, en traxe espacial, saíron da súa cápsula e entraron na Soiuz 4 mentres Volynov se quedaba como único tripulante da 5. Tras 4 horas e 35 minutos acopladas, a Soiuz 4 separouse da 5 e comezou o regreso á Terra cos tres cosmonautas a bordo. A cápsula tripulada aterrou o 17 de xaneiro ás 6:51 GMT a uns 100 km ao suroeste de Karaganda, en Kazakhstán. A Soiuz 5 fixo un regreso máis accidentado ao día seguinte.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz 11A511 Soiuz 5
Categoría:Programa Soiuz