1222 (MCCXXII) foi un ano común comezado en sábado segundo o calendario xuliano.

Acontecementos Europa Pola súa Bula Dourada, André II de Hungría sométese á dieta e aos señores feudais. A Bula garántelle á nobreza unha dieta anual, inmunidades de orde fiscal e a percepción de impostos e recoñécelle o dereito á insurrección contra o monarca. Primeiro reinado de Erico XI Eriksson en Suecia. O rei de Bohemia, Otokar I, anexiona Moravia ao seu reino. Fundación de Dorpat en Livonia. Fundación da orde dos Cabaleiros Teutóns. Revolta popular na Estonia.

Imperio Bizantino Comeza o reinado de Xoán III Vatatzés, emperador bizantino de Nicea (até 1254). Tíralles aos latinos as súas posesións asiáticas e varias illas (Lesbos, Quíos, Samos e Rodas). Co apoio provisorio dos búlgaros, sitia, sen éxito, Constantinopla. Desembarca na Tracia. O déspota do Epiro faise co reino de Tesalónica. Andrónico I ascende ao trono do Imperio de Trebisonda, á morte de Aleixo I.

Rusia Iaroslav Vsievolodovitch toma Novgorod do seu irmán Constantino de Rostov. Os mongois Djebe e Subutay pasan o Cáucaso por Derbent e chegan ás estepas dos cumanos após saquear Chirván. Kotian, khan dos cumanos, solicítalles axuda aos rusos. Os mongois, logo de teren reducido aos alano e cherquesos, envían unha embaixada a Rusia, que é masacrada, desencadeando as hostilidades. Kotian refúxiase co seu padrasto, Mstislav, que convence aos príncipes rusos para recrutar un exército de 80 000 homes para deter os mongois.

África Sundjata Keïta crea o Imperio de Malí e abole a escravitude (Carta do Mandinga).

Norte de África Reinado de Abd el-Ouahid, califa Almohade. Sobe ao trono tras a morte do seu sobriño Yusuf al-Mustansir. Estalan revoltas en todo o imperio almohade. Na Península Ibérica, Abdallah-Adil proclámase califa, en canto que os xeques marroquinos depoñen a Abd el-Quahid.

Asia Na India, os mongois chegan até Multán, mais retíranse por causa do clima. Xenxis Khan pasa por Afganistán. Alí recibe ao monxe taoísta Tehi-tehe Tchag-tchoun, a quen fixera vir desde a China para que lle atopase un xeito de escapar á morte. No outono, volta a Boukhara, e logo a Samarcanda, onde pasa o inverno.

Oriente Próximo Os pisanos e os xenoveses das colonias de Acre enfróntanse. Perden estes últimos e abandonan o porto.

Arte e cultura Fundación da Universidade de Padua por un grupo de disidentes da Universidade de Boloña.

Nacementos Teodoro II Láscaris, emperador bizantino

Mortes

1 de febreiro - Aleixo I, emperador de Trebisonda. Teodoro I Láscaris, emperador bizantino. Yusuf al-Mustansir (n. 1197), califa almohade. Xoán I de Suecia

Historia ano a ano

Categoría:1222