A lingua iupik de Siberia, tamén coñecido como iupik do estreito de Bering ou yuit é unha lingua esquimó-aleutiana da familia iupik falada polo pobo iupik de Siberia. É falada ó longo da costa da península de Chukotka, en Rusia, e nas vilas de Savoonga e Gambell na Illa St. Lawrence de Alasca.
En Alasca, unhas 1 050 persoas falan a lingua sobre unha poboación de 1 100. En Rusia, arredor de 300 persoas sobre unha poboación de 1 500 falan a lingua. O iupik de Siberia está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Badten, Linda Womkon, Vera Oovi Kaneshiro, Marie Oovi, e Steven A. Jacobson. A Dictionary of the St. Lawrence Island/Siberian Yupik Eskimo Language. Fairbanks: Alaska Native Language Center, College of Liberal Arts, University of Alaska, Fairbanks, 1987. Bass, Willard P., Edward A. Tennant, e Sharon Pungowiyi Satre. Test of Oral Language Dominance Siberian Yupik-English. Albuquerque, N.M.: Southwest Research Associates, 1973.
Categoría:Linguas esquimó-aleutianas Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América Categoría:Linguas de Rusia Categoría:Linguas aglutinantes