Acontecementos Europa 28 de xuño - Batalla de Kosovo Polje: os turcos otománs derrotan unha coalición de serbios, búlgaros e bosníacos. O príncipe Lázaro de Serbia morre en combate; con todo o seu compatriota Miloc Kobilovic mata o sultán Murad I. Como resultado o turcos anexionan Serbia. O gran visir turco desfai os búlgaros en Nicopolis. O Imperio Otomán ocupa xa, nos Balcáns, Serbia, Macedonia, Tracia oriental e máis Bulgaria. miniatura|Batalla do Kosovo, cadro de Adam Stefanovic, 1870 Ladislau II de Polonia, rei de Polonia, recibe o homaxe de Mircea I, príncipe da Valaquia. Margarida I de Dinamarca ordena a invasión de Suecia. Vasili I tórnase Gran Príncipe de Moscova, logo do falecemento de seu pai, Dmitri Donskoi. 2 de novembro : Inicio do pontificado de Bonifacio IX (até 1404).
Oriente Próximo Bejazid I novo sultán otomán (até 1402), por morte de seu pai Murad I na batalla de Kosovo Polje.
Nacementos 27 de setembro - Cosimo de Medici, gobernante de Florencia (m. 1464) 24 de decembro - Xoán V da Bretaña, duque da Bretaña, alcumado O Anglófilo (m. 1442).
Mortes 15 de xuño: Murad I, sultán otomán, na batalla de Kosovo (n. 1326). Miloš Obilić, nobre serbio, na batalla de Kosovo (n. ca. 1350). Lazar, príncipe de Serbia. 15 de outubro - Urbano VI, papa, logo de caer da súa besta (n. 1318).
Outros Pierre d'Arcis, arcebispo de Troyes, denuncia o sudario de Turín como unha falsificación, pintada por un artista talentoso, nunha carta ao antipapa Clemente VII.
Véxase tamén Outros artigos Historia ano a ano
Categoría:1389