A Illa Princess Royal é a illa máis grande da costa norte da Columbia Británica, Canadá. Localízase entre as enseadas illadas e as illas ao leste do estreito de Hecate na costa da Columbia Británica. Ten 2.251 km², é a cuarta illa máis grande da Columbia Británica. Pacidic Coast Islands , The Atlas of Canada A illa foi bautizada en 1788 polo capitán Charles Duncan, pola súa corveta, "Princess Royal".
Acceso e asentamentos A illa está situada nunha zona extremadamente remota da Columbia Británicaa 520 km. ao norte de Vancouver e 200 km. ao sur de Prince Rupert. Só é accesible en barco ou en avión. O pasaxe interior a ruta de navegación de transbordadores, corre a lo largo do seu flanco oriental, por unha serie de canles que separan a illa do continente. A illa está deshabitada, pero adoitaba ser o fogar da comunidade Surf Inlet, unha cidade mineira de ouro na enseada do mesmo nome (aínda que tamén coñecida como Port Belmont ou Belmont) e Butedale, unha cidade mineira, con fábrica de conservas, pesca e explotación forestal na costa leste da illa. As comunidades máis próximas hoxe son Klemtu, na Illa Swindle e Hartley Bay, na costa continental ao leste da Illa Gil.
Reservas indias As Reserva indíxenas en ou adxacentes á illa Princess Royal son: Reserva India Kahas Nº 7, na costa oeste de Princess Royal en Barnard Harbour, 16´50 ha. .BC Names/GeoBC entry "Kahas 7 (Indian reserve)" Reserva India Kayel Nº 8, na beira oeste da Princess Royal, fronte ao Estreito Campania, 1´60 ha. en .BC Names/GeoBC entry "Kayel 8 (Indian reserve)" Reserva India Lackzuswadda Nº 9, nunha illa á entrada de Surf Inlet, na costa suroeste de Princess Royal, 2´20 ha. en .BC Names/GeoBC entry "Lackzuswadda 9 (Indian reserve)"
Historia
Doce dos 17 tripulantes do U.S. Air Force 44-92075 foron achados vivos aquí en 1950, durante o primeiro incidente nuclear da guerra fría. right|miniatura|Ruiñas da fábrica de conservas en Butedale
Xeografía A extremidade norte da illa é Point Trivett, a súa extremidade noroeste é Point Kingcome.
O río Canoona percorre a parte central da illa, fluíndo cara ao leste ata o mar desde o lago Canoona.
Ecoloxía e ambiente
A vida silvestre na illa Princess Royal inclúe o oso de kermode, osos negros, osos grizzly, cervos, lobos e raposos, e poboacións anidadoras de aguias de ouro, aguias calvas, e o murrelet de mármore en perigo de extinción. A vida mariña ao redor da illa inclúe abundante salmón, elefantes mariños, candorcas e marsopas. Princess Royal é un compoñente básico dunha campaña rexional de preservacionismo que abarca a costa norte e central, que foi bautizada como o Gran Bosque do Oso por grupos ambientais.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Columbia Británica
Ligazóns externas Princess Royal Island on BritishColumbia.com
Categoría:Illas do Canadá