Os protosuquios (Protosuchia) son un grupo extinto de crocodiliformes mesozoicos. Eran de pequeno tamaño (~1 metro de lonxitude) e terrestres. En termos filoxenéticos, Protosuchia considérase un grupo informal porque é un grao de crocodiliformes basais, non un verdadeiro clado.
Clasificación Análises filoxenéticas recentes non apoian considedrar Protosuchia como un grupo monofilético ou natural. Porén, dous estudos atoparon un clado de animais do Triásico tardío-Xurásico tenperán formado por:Pol D, Ji S-a, Clark JM, Chiappe LM. 2004. Basal crocodyliforms from the Lower Cretaceous Tugulu Group (Xinjiang, China), and the phylogenetic position of Edentosuchus. Cretaceous Research 25: 603-622.Fiorelli LE, Calvo JO. 2007. The first "protosuchian" (Archosauria: Crocodyliformes) from the Cretaceous (Santonian) of Gondwana. Arquivos do Museu Nacional, Rio de Janeiro 65 (4): 417-459.
Edentosuchus Hemiprotosuchus Orthosuchus Protosuchus
Estes dous estudos tamén atoparon un clado máis estreitamente emparentado con Hsisosuchus e Mesoeucrocodylia consistente nos seguints xéneros do Xurásico tardío-Cretáceo tardío:
Neuquensuchus Shantungosuchus Sichuanosuchus Zosuchus
Porén, outros posibles protosuquios do Cretáceo tardío da China e Mongolia, os Gobiosuchidae (Gobiosuchus e Zaraasuchus), son ou ben intermedios entre estes dous clados, ou ben membros do clado de Sichuanosuchus. Hai tamén outra familia de xéneros do Xurásico tardío, os Shartegosuchidae (por exemplo, Kyasuchus, Shartegosuchus e Nominosuchus).
Velaquí un cladograma feito por Fiorelli e Calvo (2007). Os protosuquios están indicados con corchetes verdes.
Notas
Categoría:Crocodilomorfos