Günter Grass ou Günter Graß, nado en Danzig (actual Gdansk, en Polonia) o 16 de outubro de 1927 e finado en Lübeck o 13 de abril de 2015, foi un autor e intelectual alemán, galardoado co premio Nobel de Literatura en 1999.
Traxectoria De ideais políticos de esquerda, participou activamente da vida pública do seu país e provocou polémica sobre a súa obra. Renovou a literatura alemá da posguerra por medio de textos de ironía e do grotesco, especialmente satirizando a compracente atmosfera do milagre económico da reconstrución posnazi. No ano 2006 fixo saltar a polémica polas declaracións en que admitiu que ingresara nas SS.
Obra Die Blechtrommel (1959) Katz und Maus (1961) Hundejahre (1963) Örtlich betäubt (1969) Aus dem Tagebuch einer Schnecke (1972) Der Butt (1979) Das Treffen in Telgte (1979) Kopfgeburten oder Die Deutschen sterben aus (1980) Die Rättin (1986) Zunge zeigen. Ein Tagebuch in Zeichnungen (1988) Unkenrufe (1992) Ein weites Feld (1995) Mein Jahrhundert (1999) Im Krebsgang (2002) Letzte Tänze (2003)
Está traducido ao galego o seu poemario As galiñas do vento. Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Escritores de Alemaña Categoría:Premio Nobel de Literatura Categoría:Premios Princesa de Asturias das Letras Categoría:Nados en Gdańsk Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Realismo máxico Categoría:Premios Nobel de Alemaña