Os aligatorinos (Alligatorinae) son unha das dúas subfamilias da familia Alligatoridae ( a outra é a familia dos caimáns, Caimaninae). Coñécense dez xéneros de aligatorinos, pero todos son fósiles menos un, Alligator. As dúas especies existentes desta subfamilia son Alligator mississippiensis, o aligátor do Mississippi, e Alligator sinensis, o aligátor da China.The Paleobiology Database: Alligatoridae
Diferenzas cos caimáns Os aligátores distínguense dos caimáns polas seguintes características: Os aligátores teñen un septo óseo entre os orificios nasais, ausente nos caimáns. Os caimáns teñen unha armadura ventral composta por escudos óseos solapados formados por dúas partes unidas por unha sutura, que non teñen os aligátores. Os caimáns teñen dentes relativamente máis longos e máis delgados que os dos aligátores. A pel dos caimáns é, en xeral, máis basta e menos flexible que a dos aligátores e crocodilos.
Taxonomía Subfamilia Alligatorinae Xénero Alligator Xénero Chrysochampsa (extinguido) Xénero Hassiacosuchus (extinguido) Xénero Navajosuchus (extinguido) Xénero Ceratosuchus (extinguido) Xénero Allognathosuchus (extinguido) Xénero Arambourgia (extinguido) Xénero Procaimanoidea (extinguido) Xénero Wannaganosuchus (extinguido) Xénero Krabisuchus (extinguido)
Notas
Categoría:Aligatóridos