A lingua yankunytjatjara (tamén chamada yankuntatjara, jangkundjara, kulpantja) é unha lingua pama-nyungana. É unha das linguas wati, e é unha das moitas variedades das linguas do deserto occidental, todas as cales son mutuamente intelixibles. O yankunytjatjara está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
O yankunytjatjara é falado no noroeste da Australia Meridional e é unha das máis orientais das linguas do deserto occidental, que son faladas polas comunidades de mimili, indulkana e fregon e ó longo de Oodnadatta e Coober Pedy (malia que este último non está no territorio tradicional yankunytjatjara).Goddard, Cliff (1987) A Basic Pitjantjatjara/Yankunytjatjara to English dictionary, N.T.: Institute for Aboriginal Development
Notas
Véxase tamén Bibliografía Outros artigos Lista de linguas aborixes de Australia Bibliografía
Categoría:Linguas pama-nyunganas Categoría:Linguas de Australia