Space Flyer Unit, coñecido tamén polo seu acrónimo SFU, foi un satélite artificial da axencia espacial xaponesa NASDA lanzado o 18 de marzo de 1995 mediante un foguete H-II desde o Centro Espacial de Tanegashima xunto co satélite meteorolóxico GMS 5.

Características SFU levaba a bordo varios experimentos de materiais e biolóxicos para facer en microgravedade e un telescopio espacial para as lonxitudes de onda do infravermello, o primeiro deste tipo posto en órbita polo Xapón. O telescopio tiña unha abertura de 15 cm e podía observar no rango de lonxitudes de onda entre 1 e 1000 micrómetros, de interese para o estudo do medio interestelar, estrelas cara ao final da súa vida e o po interplanetario.

SFU foi recuperado en órbita polo transbordador espacial Endeavour na misión STS-72 o 13 de xaneiro de 1996.

Véxase tamén

Outros artigos H-II

Notas

Categoría:Satélites artificiais