Juan Carlos Martín Corral, máis coñecido como Juan Carlos, nado o 20 de xaneiro de 1988 en Guadalaxara, é un futbolista español que xoga como porteiro no Girona, da Primeira División.

Traxectoria Nado en Guadalaxara, Juan Carlos formouse nas categorías inferiores do principal club da súa cidade, o CD Guadalajara. Na temporada 2004–05 debutou co primeiro equipo da Terceira División. O 26 de xullo de 2005 asinou polo Rayo Vallecano, onde continuou a formarse nas categorías inferiores. Tras dous anos, en 2007 foi ascendido ao filial do club madrileño, converténdose no porteiro titular do equipo, onde conseguiu o ascenso á Segunda División B. Juan Carlos debutou como profesional o 4 de xuño de 2011, saíndo como gardameta titular do primeiro equipo na derrota por 2-3 ante o FC Barcelona B, partido da Segunda División disputado no Campo de Fútbol de Vallecas.

Tras o ascenso do Rayo á Primeira División, Juan Carlos asinou co Hércules CF de Segunda. No equipo alacantino permaneceu dúas temporadas, xogando na primeira delas o playoff de ascenso a Primeira. Na súa segunda temporada acabou por perder a titularidade, feito que motivou a súa saída do club tras declinar renovar o seu contrato. No período de fichaxes de 2013 asinou polo Córdoba, onde se converteu pronto no porteiro titular acadando co equipo andaluz o ascenso á Primeira División. O seu debut na máxima categoría produciuse o 25 de agosto de 2014 na derrota do seu equipo por 0-2 ante o Real Madrid no Santiago Bernabéu. Ese ano disputou até 32 encontros, nos que o seu equipo conseguiu tan só tres vitorias: fronte o Athletic Club, o Granada CF e o Rayo Vallecano, deixando neses tres partidos a portería a cero.

Tras o descenso do Córdoba, ao ano seguinte regresou ao Rayo Vallecano, esta vez equipo de Primeira, onde xogou 21 partidos. Tras volver descender, ao ano seguinte asinou polo Elche de Segunda División, onde foi titular durante todo a temporada. Con todo, o equipo descendeu á Segunda B, o que provocou que Juan Carlos procurase un novo equipo.

O 28 de xuño de 2017 o Club Deportivo Lugo de Segunda anunciou a súa incorporación cun contrato por dúas temporadas. Foi titular indiscutible durante os seus dous anos en Lugo e no primeiro deles marcou un gol contra o Sporting de Gijón no Anxo Carro, cun disparo dende uns 60 metros que sorprendeu o porteiro rival, o galego Diego Mariño. Pechou o seu paso polo club lugués con 78 partidos disputados.

Tras quedar libre asinou polo Girona, tamén da Segunda División. Na súa primeira tempada sufriu unha lesión nunha man que lle fixo perder varios partidos, e trala súa recuperación tocoulle ser suplente, debido ao bo estado de forma de Asier Riesgo. Fíxose co posto de titular indiscutible a partir da segunda tempada, e na terceira conseguiu o ascenso á Primeira División.

Clubs ClubCategoríaAnoPartidosGoles Rec.Rayo Vallecano BTerceira2006−2007915Rayo Vallecano BTerceira2007−20083927Rayo Vallecano BTerceira2008−20093726Rayo Vallecano BTerceira2009−20102815Rayo Vallecano BSegunda B2010−20113430Rayo VallecanoSegunda2010−201113HérculesSegunda2011−201265HérculesSegunda2012−2013510CórdobaSegunda2013−2014159CórdobaPrimeira2014−20153256Rayo VallecanoPrimeira2015−20162136ElcheSegunda2016−20174060LugoSegunda2017−20183842LugoSegunda2018−20194050GironaSegunda2019−20202127GironaSegunda2020−20214436GironaSegunda2021−20224241

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en Transfermarkt Datos o xogador en soccerway.com Datos do xogador en futbolme.com

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Guadalaxara Categoría:Futbolistas de Castela-A Mancha Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano B Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano Categoría:Xogadores do Hércules CF Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores do Elche CF Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Girona FC