miniatura|250px|Dachshund de pelo curto. O dachshund ou teckel (en ) é unha raza de can orixinaria de Alemaña. Esta raza está inserida nun grupo propio da Federación Cinolóxica Internacional por mor da súa gran variedade de tamaño e pelaxe: standard, miniatura e kaninchen; pelo longo, liso e duro. É descrito como un cazador, de olfacto bastante desenvolvido, que lle permite seguir pistas doadamente, o que o converte en eficaz para perseguir presas pequenas. Tamén é quen de perseguir animais maiores xa que, a pesar das súas patas curtas, é lixeiro.
Historicamente é unha raza antiga, que, segundo algúns historiadores, data de hai cinco mil anos, en vista de que imaxes semellantes foron atopadas na tumba dun faraón.M. Zedda, P. Manca, V. Chisu, S. Gadau, G. Lepore, A. Genovese, V. Farina (2006) "Ancient Pompeian Dogs – Morphological and Morphometric Evidence for Different Canine Populations, Anatomia, Histologia, Embryologia", Journal of Veterinary Medicine Series C 35 (5), 319-324. De calquera xeito, sábese que os cans modernos foron desenvolvidos por cazadores alemáns, que buscaban un can áxil, resistente e o bastante pequeno como para entrar nos tobos de teixugos, lebres e coellos.
Levados a Inglaterra, formaron parte da corte inglesa, o que os popularizou aínda máis. O seu físico non é medido polo seu peso, mais si polo perímetro do seu tórax, o cal varía de 30 cm até 35 cm. A súa personalidade é valente e destemida, e como can de compaña, é coñecido pola súa esperteza, intelixencia e enerxía para brincadeiras. A súa expectativa de vida é unha das máis altas no mundo canino, superior ós doce anos, aínda que non sexa raro ver exemplares pasando dos vinte.Fogle (2009), páx 101
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Razas de cans