Contou Rosalía é un telefilme (emitido tamén como miniserie), da TVG, estreado o 16 de maio de 2018, véspera do Día das Letras Galegas, baseado na vida de Rosalía de Castro en Madrid. O guión foi escrito por Raúl Veiga."Raúl Veiga, guionista da película 'Contou Rosalía'" Zigzag diario, TVG, 11/6/2017.

Argumento

Ao Madrid de mediados do S. XIX chega a Duquesa da Gloria, unha aristócrata de provocante singularidade. Tamén está na cidade, por asuntos de familia, a escritora feminista Rosalía de Castro. Alí fai vida social, escribe e reencóntrase co historiador Manuel Murguía. Á calor da común preocupación polas xentes e a cultura de Galicia, nace entre eles unha paixón que a escritora non quere ver morrer nas cadeas con que a sociedade da época aferrolla as mulleres. O amor da escritora, desafiando limitacións de todo o tipo, desenvólvese no clima conspiratorio do final da era absolutista, tan axitado como traxicómico, onde a actuación da Duquesa da Gloria adquire unha sorprendente relevancia no camiño da emancipación. A propia Rosalía é quen nolo conta.

Segundo Iolanda Ogando:

Elenco miniatura|Rúa Ballesta nº 13, residencia de Rosalía en Madrid. Melania Cruz, como Rosalía de Castro. Fran Lareu, como Manuel Murguía. Tamara Canosa Ledicia Sola Alejandro Jato César Cambeiro Pepo Suevos David Perdomo Celso Parada Josito Porto

Notas

Véxase tamén Outros artigos Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde Concepción Arenal, a visitadora de cárceres

Ligazóns externas "Comeza a rodaxe para TVG da primeira ficción inspirada na vida de Rosalía de Castro" 2/6/2017. "Primeiras imaxes da miniserie 'Contou Rosalía'" Zigzag Diario, 23/2/2018. Veiga Rouriz, Raúl (2018). "Guión cinematográfico do filme para TV “Contou Rosalía”". Follas Novas. Revista de Estudos Rosalianos 3.

Categoría:Series de televisión iniciadas en 2018 Categoría:Series da TVG Categoría:Rosalía de Castro Categoría:2018 en Galicia