José María Colmeiro Rey, nado en Santiago de Compostela o 16 de marzo de 1887 e finado en Vigo o 11 de marzo de 1954, foi un médico e escritor galego.

Traxectoria

Licenciado en Medicina en 1913. Médico especialista en pel e enfermidades venéreas e urinarias. Traballou en Vigo para o Concello, Irmás Trinitarias, Garda Civil. En 1925 foi nomeado médico titular do Concello de Vigo. Foi presidente do Colexio Médico Comarcal. Estivo adscrito ao Grupo Autonomista Galego de Valentín Paz-Andrade. Foi moi popular o seu libro Historia clínica de un beso, que aconsellaba ao mozos a superar os prexuízos ligado á sexualidade e a previr as enfermidades de transmisión sexual. O seu sobriño foi o tamén médico José Carlos Colmeiro Laforet. Finou en Vigo o 11 de marzo de 1954.El Pueblo Gallego, 12-3-1954, p. 6. Obras Evolución e importancia de la gonoterapia, 1913. Historia clínica de un beso, 1933.

Vida persoal miniatura|200px|Retrato de Jose Mª Colmeiro Rey, 1895, de Joaquín Vaamonde. Casou con Josefa Franco Fermoso, que finou en 1964,El Pueblo Gallego, 3-7-1964, p. 7. e foi pai de Jose Carlos e Manuel Colmeiro Franco.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Los doctores Colmeiro, guías sexuales de los vigueses

Categoría:Médicos de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1954