O polígono industrial de Vío é unha zona industrial e loxística duns 680 000 metros cadrados situada no lugar de Vío, no concello da Coruña.

Historia Creouse mediante investimento privado a través dunha concesión municipal polos empresarios José Collazo e Manuel Jove. As obras de urbanización comezaron en 2006. En 2013 foi convertido en Zona de Actividades Loxísticas (ZAL) vinculada ao Porto Exterior de Punta Langosteira, en detrimento do polígono industrial de Morás, porén isto non supuxo o impulso que esperaba.

Non foi até marzo de 2015 cando se instalou a primeira e única empresa do polígono: Caramelo. Pouco máis dun ano despois, dez anos após as primeiras obras de construción, Caramelo anunciaba a súa quebra e disolución. En decembro de 2016, ante o evidente estado de abandono da infraestrutura, foi utilizada como circuíto de carreiras ilegais de coches.

En agosto de 2023, comeza a construción dunha terceira nave no polígono, que vén a sumarse ás das empresas Facet Ibérica (nas instalacións da desaparecida Caramelo) e Prosaga.

Accesos

Ferroviario e portuario Está previsto conectar, sen data confirmada, o Porto Exterior co Eixe Atlántico a través do polígono, xa que ten recibido a consideración de ZAL.

Estradas e autoestradas O acceso de tráfico rodado realízase a través da Avenida Terceira, pertencente ao veciño polígono de Pocomaco.

Notas

Vío Categoría:A Coruña