Roberto Veloso Gómez, nado en Baio (Zas) o 22 de novembro de 1919 e finado na Coruña o 9 de agosto de 2010, foi un político galego.
Traxectoria Con vinte e nove anos emigrou á Arxentina en abril de 1949 e instalouse en Buenos Aires traballando como xastre. Participou en 1953 na creación das Mocedades Galeguistas de Buenos Aires e foi nomeado presidente da entidade. Encabezou coa súa sinatura unha carta publicada no periódico Opinión Gallega co título "Varil e lumioso defendemento do idioma galego". Asistiu ao primeiro Congreso da Emigración Galega, celebrado en 1956. Tamén colaborou cos emigrantes de Baio recadando diñeiro para a construción das escolas Agra Regueiro na súa vila natal, en colaboración co seu veciño Pepe Collazo. Regresou a Galicia a finais do mes de agosto de 1957. Instalouse en Baio, e en 1961 mercou unha casa no Ceán (Bamiro) onde se dedicou a agricultura e o cultivo da horta.
Vida persoal Casou con Carmen Balboa López en 1962.
Véxase tamén Ligazóns externas Roberto Veloso, presidente da Mocedades Galeguista de Buenos Aires
Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Zas Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes