Hipoxia pode referirse esencialmente a:
Hipoxia (medicina), condición patolóxica na que unha parte do corpo ou todo o corpo está privada dunha subministración de oxíxeno suficiente Hipoxia (medio ambiente), contido de oxíxeno reducido no aire ou na auga (zona do mar, lago etc) prexudicial para os organismos aerobios.
Outros usos relacionados son:
Hipoxia autoerótica ou asfixia erótica, restrición intencionada de oxíxeno ao cerebro para procurar unha maior excitación sexual Hipoxia cerebral ou anoxia cerebral, condición debida á redución da subministración de oxíxeno ao cerebro Hipoxia de difusión ou efecto Fink, un factor que inflúe na presión parcial de oxíxeno nos alvéolos pulmonares Hipoxia histolóxica, incapacidade das células de captar ou utilizar o oxíxeno do torrente sanguíneo Hipoxia hipoxémica ou hipoxemia, deficiencia de oxíxeno no sangue arterial Impulso hipóxico, un impulso respiratorio no cal o corpo usa quimiorreceptores do oxíxeno para regular o ciclo respiratorio Hipoxia hipóxica, o resultado de haber insuficiente oxíxeno dos pulmóns Hipoxia intrauterina, situación na que o feto é privado dunha adecuada subministración de oxíxeno Hipoxia latente ou "apagón" de augas profundas, perda de consciencia que se pode producir cando os mergulladores a pulmón libre ascenden desde gran profundidade Pseudohipoxia, incremento da proporción citosólica de NADH libre con respecto ao NAD+ nas células Hipoxia en tumores ou tumoral, situación nas que as células dun tumor están privadas de oxíxeno suficiente.