O Tachikawa Ki-36 (designado Ida polos Aliados) foi un avión de cooperación co exército xaponés da segunda guerra mundial. Era un aparello bipraza de á baixa cun motor de pistóns e tren de aterraxe convencional fixo.

Deseño e desenvolvemento O prototipo, equipado cun motor de 450 cabalos Hitachi Ha-13, voou por vez primeira o 20 de abril de 1938. Tendo superado ao Mitsubishi Ki-35 en ensaios comparativos, o Ki-36 foi pedido para iniciar a súa produción en novembro de 1938. A fabricación rematou en xaneiro de 1944 despois da construción dun total de 1 334 unidades, 862 por parte de Tachikawa 862 e 472 por Kawasaki.Francillon 1979, p. 254

Historial operacional O Ki-36 entrou en acción por vez primeira na China onde tivo éxito. Posteriormente, no Pacífico, demostrou ser excesivamente vulnerable aos cazas inimigos. Despois foi trasladado ao máis seguro teatro chinés. Cara ao final da guerra o Ki-36 foi empregado como avión kamikaze cunha bomba de 500 kg instalada no seu exterior.Francillon 1979, p. 253

Variantes Ki-55: adestrador avanzado bipraza. Ki-72: versión evolucionada cun motor Hitachi Ha-38 de 600 cabalos e tren de aterraxe retráctil. Non fabricada.

Operadoress miniatura|250x250px|Adestrador Tachikawa Ki-36 no museo da Real Forza Aérea de Tailandia

Forza Aérea do Exército Popular de Liberación: operou dous avións capturados durante a posguerra como adestradores ata a súa retirada a principios dos 50.

Forza de Seguridade Popular de Indonesia

Servizo Aéreo do Exército Imperial Xaponés

Real Forza Aérea Tailandesa

Notas

Bibliografía

Francillon, Rene J. Japanese Aircraft of the Pacific War. Putnam Company Ltd, 1979. ISBN 9780370302515.

Categoría:Aeronaves de Tachikawa Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1938