A dos muscicapoideos (Muscicapoidea) é unha superfamilia de aves paseriformes da suborde dos páseros pertencente á infraorde dos paséridos.Boyd, J. H. Muscicapoidea na jboyd.net, web de John H. Boyd III, Florida International University. Consultada o 8 de abril de 2017. As especies deste grupo distribúense case por todo o mundo.
A superfamilia componse actualidade por seis familias, debido a que moitas que antes se situaban neste grupo foron desprazadas a outras subfamilias, como as dos Sylvioidea, os Certhioidea, os Reguloidea e os Bombycilloidea.
Taxonomía Descrición A superfamilia foi creada en 1990 polos ornitólogos estadounidenses Charles Sibley e Jon Edward Ahlquist.John Harshman Muscicapoidea en Tree of Life.
Porén, na clasificación das aves de Sibley e Ahlquist de 1990 a superfamilia comprendía tamén a familia dos Bombycillidae.
Etimoloxía O nome científico Muscicapoidea está formado engadíndolle ao nome co seu xénero tipo, Muscicapa, a desinencia do latín científico -oidea, plural neutro de -oideus, tirado da foma do grego antigo -ειδής, -eidḗs, da raíz de εἶδος, eĩdos "forma", "aspecto", "aparencia", precedida da vogal de unión -o-. Literalmente: "os que teñen forma de papamoscas".
Clsificación Pero estudos posteriores, ademais de confirmar a monofilia dos muscicapoideos, desminten a pertenza dos bombicílidos a este grupo, e suxiren a súa colocación nunha superfamilia diferente, a dos bombiciloideos (Bombycilloidea).
Na actualidade, por tanto, recoñécense na superfamilia Muscicapoidea as seguintes seis familias: Buphagidae Lesson, 1828 Mimidae Bonaparte, 1853 Sturnidae Rafinesque, 1815 Cinclidae Borkhausen, 1797 Turdidae Rafinesque, 1815 Muscicapidae Vigors, 1825
Filoxenia As relacións filoxenéticas entre estas familias son:
Muscicapoidea
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Ericson, P. G. P. & Johansson, U. S. (2003): "Phylogeny of Passerida (Aves: Passeriformes) based on nuclear and mitochondrial sequence data". Molecular Phylogenetics and Evolution 29: 126–138. Johansson, U. S., Fjeldså, J. & Bowie, R. C. K. (2008): "Phylogenetic relationships within Passerida (Aves: Passeriformes): a review and a new molecular phylogeny based on three nuclear intron markers". Molecular Phylogenetics and Evolution 48: 858–876. Jønsson, Knud A. & Fjeldså, Jon (2006): "A phylogenetic supertree of oscine passerine birds (Aves: Passeri)". Zool. Scripta 35 (2): 149–186. Harshman, John (2008): Passerida. (en construción) . En The Tree of Life Web Project. Consultado o 7 de abril de 2017. Sibley, Charles Gald & Ahlquist, Jon Edward (1990): Phylogeny and classification of birds. New Haven, Conn., USA: Yale University Press.
Outros artigos Paseriformes Passeri Passerida
Ligazóns externas Muscicapoidea na EOL. Muscicapoidea en Fauna Europaea. Muscicapoidea en Tree of Life Web Project . Numerosísimas imaxes de muscicapoideos na ADW.
Categoría:Paseriformes