miniatura|Nazarenos en Xerez da Fronteira.|332x332px A Semana Santa en Andalucía é a conmemoración anual cristiá da Paixón, Morte e Resurrección de Xesús de Nazaret e unha das expresións máis xenuínas do sentir cristián andaluz. Supón un fenómeno de carácter sociocultural, turístico e económico de grande importancia na comunidade, de grande arraigamento entre os seus habitantes, quen participan masivamente nela, dando lugar aos máis diversos enfoques, desde a máis estrita ortodoxia, até unha visión soamente cultural.

A través dos desfiles procesionais que se realizan en centenares de pobos e cidades, organizados polas confrarías, sácanse á rúa pasos con imaxes ou grupos escultóricos, en ocasións de gran valor histórico-artístico, representando escenas da Paixón, Morte e Resurrección. Estes van acompañados dun importante cortexo de penitentes ou nazarenos, vestindo o hábito da confraría, portando cirios ou cruces, ademais de farois, estandartes, así como mulleres de "mantilla" e acompañamento musical.

Están catalogadas a Semana Santa de Málaga (1980), Granada (2009) e Sevilla (1980), de interese turístico internacional, e de interese turístico nacional e rexional a celebración da Semana Santa en decenas de municipios andaluces como a de Xerez da Fronteira desde 1993, esta tamén de interese turístico internacional,http://www.diariodejerez.es/article/jerez/1738599/la/semana/santa/sera/interes/turistico/internacional.html así como 13 festas relacionadas coa Semana Santa de municipios repartidos por toda a xeografía andaluza. Ademais, o 17 de xullo de 2006 o goberno andaluz declarou de forma xeral á Semana Santa de Andalucía como festa de interese turístico de Andalucía debido ao fenómeno cultural que desempeña con características comúns e unitarias que a singularizan respecto doutras e por ser un importante elemento dinamizador da actividade turística de Andalucía.Consellería de Turismo, Comercio e Deporte (4-8-2006). Orden de 17 de julio de 2006, por la que se declara Fiesta de Interés Turístico a la Semana Santa de Andalucía. BOJA, n.º 150/2006.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Guía Semana Santa Andalucía Rituais da Semana Santa andaluza. Atlas do Patrimonio Inmaterial de Andalucía. IAPH Modos de expresión da Semana Santa andaluza. Atlas do Patrimonio Inmaterial de Andalucía. IAPH Oficios da Semana Santa andaluza. Atlas do Patrimonio Inmaterial de Andalucía. IAPH Alimentación da Semana Santa andaluza. Atlas do Patrimonio Inmaterial de Andalucía. IAPH Bibliografía sobre a Semana Santa en Andalucía. IAPH

Categoría:Semana Santa en Andalucía