Josef Alois Kessler,Tamén Joseph [Alois/Aloysius] Kessler, Giuseppe Kessler, Иосиф [Алоизий] Кесслер. nado o 12 de agosto de 1862 na gobernación de Samara (Imperio Ruso) e finado o 9 de decembro de 1933 en Zinnowitz (Alemaña), foi un eclesiástico católico latino alemán do Volga, arcebispo e entre 1904 e 1918 bispo de Tiraspol. Traxectoria Josef Kessler naceu o 12 de agosto de 1862 na colonia alemá de Louis, no distrito de Novouzensk, na gobernación de Samara. Logo de rematar os seus estudos no seminario de Saratov, graduouse en Teoloxía pola Academia Teolóxica Católica de San Petersburgo en 1889, ano no que foi ordenado sacerdote.

En 1889 foi nomeado vigairo parroquial na catedral de Saratov, o que compaxinou co ensino de latín no seminario diocesano. Posteriormente, en 1891, foi nomeado vigairo parroquial en Simferopol, párroco de Sulz en 1895, en 1899 párroco en Chişinău, en 1903 inspector do seminario de Saratov, e en 1904 lexislador canónico. O 7 de abril de 1904 foi nomeado bispo de Tiraspol,A diocese de Tiraspol abranguía as gobernacións de Saratov, Samara, Khersón, Ekaterinoslav, Táurida e Besarabia, e o vicerreinado do Cáucaso. Coa chegada da URSS, abranguía a totalidade da República Socialista Soviética Federativa Transcaucásica, e partes da RSS de Ucraína e da RSSF de Rusia. recibindo a consagración episcopal o 28 de outubro de 1904 de mans de Jerzy Józef Szembek. Como bispo, Kessler ampliou o seminario, fundou unha imprenta, apoiou os apostolados dos relixiosos, visitou todas as parroquias da súa diocese, levou a cabo arredor de 75.000 confirmacións, e consagrou 31 igrexas, entre as que destaca a igrexa de San Clemente de Odesa.

O 14 de agosto de 1918, antes da entrada dos bolxeviques en Saratov, Kessler fuxiu a pé da cidade, e trasladouse a Odesa. Cando os bolxeviques entraron no seminario, encontraron unha mensaxe do bispo na que dicía que o poder deles era o do Anticristo, e advertía aos fieis que a cooperación con eles levaba á excomuñón. Os bolxeviques buscárono por toda Rusia, e Kessler fuxiu a Besarabia. En febreiro de 1922 visitou Kansas, nunha viaxe para recoller fondos para as vítimas da fame nas colonias de alemáns do Volga e do mar Negro. Pasou o resto da súa vida en Zinnowitz, en Alemaña, onde escribiu unha historia da diocese de Tiraspol. Por mor da imposibilidade de volver á súa diocese, a Santa Sé nomeou varios administradores apostólicos para atender aos seus fieis: Alexander Frison na Rusia meridional, Johannes Roth no Cáucaso norte, Augustin Baumtrog na Rusia central e Stepan Demurov en Xeorxia; todos eles foron arrestados e executados polas autoridades soviéticas.

Josef Kessler finou o 10 de decembro de 1933 e foi enterrado en Ornbau (Baviera) canda o tamén bispo de Tiraspol Franz Zottmann.

Obra

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1862 Categoría:Nados no óblast de Saratov Categoría:Finados en 1933 Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos católicos de Armenia Categoría:Bispos católicos de Azerbaidján Categoría:Bispos católicos de Moldova Categoría:Bispos católicos de Rusia Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Bispos católicos de Xeorxia Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina Categoría:Escritores de Rusia Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Alumnos da Academia Teolóxica Católica de San Petersburgo