A dos criptobrancoideos (Cryptobranchoidea) é unha suborde de anfibios da orde dos caudados ou urodelos.

O grupo constitúe un clado monofilético.Zhang, P. & Wake, D. A. (2009): "Higher-level salamander relationships and divergence dates inferred from complete mitochondrial genomes". Molecular Phylogenetics and Evolution. 53: 492–508.

Na actualidade comprende dúas familias, criptobránquidos e hinobíidos, con xéneros, con numerosas especies.

Características As súas especies son coñecidos como salamánigas primitivas, en contraste coa da suborde dos salamandroideos ou salamántigas avanzadas.

Unha das súas caracterísiticas típicas é a de posuíren fendeduras branquiais durante o estado adulto, (ao que alude o seu nome).<ref>criptobránquido -da 1 adx Relativo ou pertencente aos criptobránquidos. 2 s m ANIMAL Anfibio da familia dos criptobránquidos. 3 s m pl ANIMAL Familia de anfibios urodelos integrada por por individuos de grandes dimensións, de corpo cilíndrico ou deprimido, que se caractariza por posuír fendeduras branquiais durante o estado adulto. No Dicionario de galego. Ir Indo Edicións, Vigo, 2004, ISBN 84-7680-504-7.</ref>

As especies da familia dos Cryptobranchidae, que son completamente acuáticas, coñécense como salamánigas xigantes debido ao seu gran tamaño.

Distribución

Encóntrase no leste dos Estados Unidos, na China en Taiwán e no Xapón.

Taxonomía miniatura|240px|Andrias japonicus. miniatura|240px|Hynobius kimurae. miniatura|240px|Paradactylodon persicus.

Descrición A suborde foi descrita en polo herpetólogo estadounidense Emmett Reid Dunn, no seu traballo: Dunn, E. R. (1922): "The sound-transmitting apparatus of salamanders and the phylogeny of the Caudata". The American Naturalist, 56: 418-487.

Etimoloxía O nome científico Cryptobranchoidea está formado polos elementos do latín científico crypto-, -branch- e -oidea (plural de -oideus), tirados, respectivamente, dos termos do grego antigo κρυτός cryptós, 'oculto'; βράγχια bránchia, 'branquia' e εἴδος eídos, 'aspecto', 'aparencia', 'forma'. Literalmente: 'os que teñen as branquias aparentemente ocultas' (debido a que presentan fendeduras branquiais durante o estado adulto).

Clasificación A suborde comprende na actualidade só dúas familias, cos doce xéneros que se indican:Cryptobranchoidea no NCBI.

Suborde Cryptobranchoidea Dunn, 1922 Familia Cryptobranchidae Fitzinger, 1826 Cryptobranchidae Fitzinger, 1826 no ITIS. Xénero Andrias Tschudi, 1837 Xénero Cryptobranchus Leuckart, 1821 Familia Hynobiidae Cope, 1859 Hynobiidae Cope, 1859 no ITIS. Subfamilia Hynobiinae Cope, 1859 Hynobiinae Cope, 1859 no ITIS. Xénero Batrachuperus Boulenger, 1878 Xénero Hynobius Tschudi, 1838 Xénero Liua Zhao & Hu, 1983 Xénero Onychodactylus Tschudi, 1838 Xénero Pachyhynobius Fei, Qu & Wu, 1983 Xénero Paradactylodon Risch, 1984 Xénero Pseudohynobius Fei & Yang, 1983 Xénero Ranodon Kessler, 1866 Xénero Salamandrella Dybowski, 1870 Subfamilia Protohynobiinae Fei & Ye, 2000 Protohynobiinae Fei & Ye, 2000 no ITIS. Xénero Protohynobius Fei & Ye, 2000

Outras familias extinguíronse no pasado e só se coñecen polos seus restos fósiles.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Larson, A. (1991): "A molecular perspective on the evolutionary relationships of the salamander families". Evolutionary Biology 25: 211-277. Vitt, Laurie J. & Janalee P. Caldwell (2014): Herpetology: An Introductory Biology of Amphibians and Reptiles. 4th Edition. San Diego, California, USA: Academic Press. ISBN 978-0-1238-6919-7. Zug, G. R. (1993): Herpetology: an introductory biology of amphibians and reptiles''. San Diego, California, USA: Academic Press.

Outros artigos Urodelos

Ligazóns externas Cryptobranchidae na ADW. Cryptobranchidae na EOL.

Categoría:Urodelos