Michael John Churchill Campbell-Jones, nado en Leatherhead (Surrey) o 21 de xaneiro de 1930Hayhoe, David & Holland, David (2006). Grand Prix Data Book (4th edition). Haynes, Sparkford, UK. ISBN 1-84425-223-X e finado en Camden o 24 de marzo de 2020, foi un expiloto de Fórmula 1 de Inglaterra. Participou en dous Grandes Premios do Campionato do Mundo, debutou o 17 de xuño de 1962. Non logrou puntos de campionato. Tamén participou en numerosas carreiras de Fórmula Un fóra do campionato.

Traxectoria Logo dun certo éxito en carreiras de coches deportivos en 1958, Campbell-Jones entrou na Fórmula 2 mentres que competía en carreiras menores de Fórmula 1. En 1962 uniuse ao equipo Emeryson pero con pouco éxito. A súa estrea no Campionato do Mundo foi no Gran Premio de Bélxica de 1962, onde a caixa de cambios do Emeryson fallou na práctica. Correu nun Lotus prestado e retirouse por un fallo na caixa de cambios, aínda que clasificouse décimo primeeiro. Con todo, conseguiu algunhas posicións menores en carreiras menores de Fórmula Un ese ano. No Solitude Grand Prix de 1962 (fóra de campionato) tivo un accidente na práctica e resultou gravemente queimado.

En , trasladouse ao equipo Tim Parnell que corría con coches Lola, pero esforzouse outra vez na súa unica participación no Campionato, finalizou 13º no Gran Premio do Reino Unido de 1963. Logo desa tempada, Campbell-Jones desapareceu da escena.

Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida. Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Pos. Pts. John Campbell-Jones Cooper T51 Climax L4 MON NED BEL FRA GBR ALENCG ITA USA NC 0 Emeryson Cars Lotus 18 Climax L4 NED MON BEL11 FRA GBR ALE ITA USA RSA NC 0 Tim Parnell Lola Mk4 Climax V8 MON BEL NED FRA GBR13 ALE ITA USA MEX RSA NC 0

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Nados en Inglaterra Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Inglaterra Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Emeryson Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Reg Parnell Racing