A raza de gando brahman ten a súa orixe no gando cebú levado orixinariamente aos Estados Unidos de América proveniente da India.
Cruzouse extensivamente con Bos taurus, o gando europeo. Ambos son membros da familia dos bóvidos.
O brahman caracterízase por unha chepa no seu lombo e polas súas orellas brandas longas. As cores máis comúns son branco, gris e vermello. O brahman posúe unha capacidade notable de adaptación e supervivencia. Pode alimentarse con pastos inadecuados e é moi resistente a pestes de insectos, parasitos, enfermidades e a climas extremos.
O gando brahman pode desprazarse grandes distancias para obter auga. O brahman desenvólvese onde outro tipo de gando apenas pode sobrevivir.miniatura|Brahman en Avaré.|centro
Categoría:Razas de vacas