A dos entognatos ou entógnatos (Entognatha) é unha pequena e antiga clase de artrópodos ametábolos (é dicir, que non presentan metamorfose) que, xunto cos insectos, constitúen o taxon dos hexápodos.

O taxon, probabelmente parafilético ou polifilético, contén soamente tres ordes (hoxe clases): colémbolos, dipluros e proturos.

Estes animais están caracterizados por teren as súas pezas bucais pechadas dentro dunha bolsa situada debaixo da cabeza, ao que alude o seu nome, e o que os diferenza da outra clase, a dos insectos, nas que as pezas bucais son externas (exognatos).

Son ápteros (é dicir, non teñen ás), e algúns non teñen ollos nin antenas.

Estes tres grupos foron historicamente unidos na orde dos tisanuros para formaren a clase dos apterigotos,Apterygota no WoRMS. pero comprobouse máis tarde que as características parecidas destes evolucionaran independentemente a partir das dos insectos.

Taxonomía Descrición A orde foi descrita en 1891 polo zoólogo austríaco Rudolf Ritter von Stummer-Traunfels, no seu traballo Vergleichende Untersuchungen über die Mundwerkzeuge der Thysanura und Collembolen, publicado pola Sitzungsberichte der Kaiserliche Akademie der Wissenschaften in Wien, pp. 216-234.

Etimoloxía O nome científico Entognatha está pormado polo elemento ento-, derivado do adverbio do grego antigo ἐντός entós, 'dentro' e o substantivo do grego antigo γνάθος gnáthos, 'mandíbula'. Literalmente: 'os que teñen as mandíbulas pechadas'.

Antiga clasificación Esta clase xa non se utiliza, e cada unha das súas ordes foi elevada ao rango de clase:Entognatha no ITIS.

Collembola Lubbock, 1870 Diplura Börner, 1904 Protura Silvestri, 1907

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Averof M. & Akam M. (1995): "Insect-crustacean relationships: insights from comparative developmental and molecular studies. Philos. Trans. R. Soc. Lond. B, 347: 293-303. Börner, C. (1904): "Zur Systematic der Hexapoden". Zoologischer Anzeiger, vol. 27, pp. 511–533. Brusca, Richard C., & Gary J. Brusca (2005): Invertebrados. 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 978-84-486-0246-8. Cameron S. L., Miller K. B., D'Haese C. A., Whiting M. F. & Barker S.C. (2004): "Mitochondrial genome data alone are not enough to unambiguously resolve the relationships of Entognatha, Insecta and Crustacea sensu lato (Arthropoda)". Cladistics, 20: 534-557.

Rupppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology 7ª ed. Stamford, Connecticut (EE.UU.): Brooks/Cole. ISBN 0-03-025982-7. Stummer-Traunfels, R. (1891): Vergleichende Untersuchungen über die Mundwerkzeuge der Thysanura und Collembolen. Sitzungsberichte der Kaiserliche Akademie der Wissenschaften in Wien.

Outros artigos Apterigotos Colémbolos Dipluros Proturos Hexápodos

Ligazóns externas Entognatha no ITIS.

Categoría:Hexápodos