Antonio Veiga Mejuto, coñecido como Cacharrón e Antonio Pérez, nado en Ferrol en 1915 e finado o en Neda o 30 de agosto de 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Militante comunista. O seu irmán Agustín Veiga Mejuto foi fusilado o 5 de marzo de 1938 no castelo de San Filipe. Era un enlace da guerrilla da zona de Ferrol. En 1948 cando ía ser arrestado, botouse ao monte e integrouse na IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia no grupo de Francisco Martínez Leira. Foi abatido pola Garda Civil no Puntal (Neda) o 30 de agosto de 1951 con outros tres compañeiros, José Antonio Castro López, José Sancho Riera e José Freire Barcia.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Ferrol
Categoría:Nados en 1915
Categoría:Finados en 1951