Rem Koolhaas, nado en Rotterdam o 17 de novembro de 1944, é un arquitecto neerlandés que comezou a súa carreira como xornalista e argumentista. É a parte principal da Oficina pola Arquitectura Metropolitana, ou OMA (Office for Metropolitan Architecture). Tamén é profesor de Arquitectura Práctica e Deseño Urbano na Universidade Harvard.

Autor dalgunhas obras relevantes, a súa produción bibliográfica é tamén de elevado interese, especialmente o libro S,M,L,XL (en colaboración co deseñador Bruce Mau) e "Delirious New York".

No ano 2000 foi laureado co Premio Pritzker de Arquitectura.

Principais proxectos Euralille (Lille- Francia, 1988) Biblioteca Central de Seattle - EUA Whitney Museum en Nova York - EUA Campus Center en Chicago - EUA (2003) Prada Epicenter(2004) e New York Epicenter(2002) - EUA Casa da Música (Porto) - Portugal Central Chinese Television (Pequín) - China

Galería

Véxase tamén

Ligazóns externas Oficina pola Arquitectura Metropolitana (OMA)

Categoría:Arquitectos dos Paises Baixos Categoría:Premio Pritzker Categoría:Nados en Rotterdam Categoría:Nados en 1944