Manuel Pedreira Pazos, nado en Celas (Culleredo) o 20 de marzo de 1891 e finado en Pontevedra o 4 de setembro de 1936, foi un mestre e político galego.

Traxectoria

Mestre, en 1914 foi destinado á escola de Altos de Aranga (Aranga), ao ano seguinte a Cardeiro (Boimorto), e en 1916 a Soandres (A Laracha), onde permaneceu ata 1922, que pasou a Cortegada (Sarreaus). Na ditadura de Primo de Rivera fíxose cargo da escola da súa parroquia natal Celas e foi directivo da Sociedade Pro-Cultura de Celas de Peiro. En decembro de 1928 foi destinado á escola da Ucha (Poio). Afiliado a FTE-UGT e ao PSOE, foi secretario da Agrupación Socialista de Pontevedra en 1931. Formou parte da loxa masónica Helenes nº 7 de Pontevedra. Tamén publicou algunha colaboración en El Progreso.El Progreso, 11-8-1929, p. 7. En 1935 permutou a escola de Poio pola de Meavía (Forcarei). Foi moi activo como orador na comarca de Tabeirós - Terra de Montes nos anos finais da República.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo. Foi asasinado ao aplicárselle a “lei de fugas” fóra de Pontevedra o 4 de setembro de 1936. En outubro de 1937 foi separado do servizo e dado de baixa na escala. Vida persoal

Casou con María Rumbo e foi pai de Manuel, Demófilo e Benito Pedreira Rumbo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Culleredo Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos