Os armenios (en ; hayer) son un grupo étnico que habita no Planalto Armenio. Os armenios constitúen a principal poboación de Armenia e da república independente de facto de Artsakh. Existe unha diáspora de arredor de 5 millóns de persoas con devanceiros armenios vivindo fóra da moderna Armenia. As principais poboacións da diáspora viven en Rusia, os Estados Unidos, Francia, Xeorxia, Irán, Alemaña, Ucraína, o Líbano, o Brasil e Siria. Agás as poboacións de Irán e dos antigos estados soviéticos, a diáspora armenia actual produciuse como resultado do xenocidio armenio.Richard G. Hovannisian, The Armenian people from ancient to modern times: the fifteenth century to the twentieth century, Volume 2, p. 427, Palgrave Macmillan, 1997.
A maioría dos armenios pertence á Igrexa apostólica armenia, que é tamén a máis antiga igrexa nacional do mundo. O cristianismo comezou a espallarse en Armenia pouco despois da morte de Xesús, grazas ós esforzos de dous dos seus apóstolos, Xudas Tadeu e Bertomeu. A comezos do século IV, o Reino de Armenia converteuse no primeiro estado en adoptar o cristianismo como relixión de estado.
A lingua armenia é unha lingua indoeuropea. Ten dúas formas escritas mutuamente intelixibles: a oriental, falada en Armenia, Nagorno-Karabakh e Irán, e o occidental falado na histórica Armenia Occidental e, despois do xenocidio armenio, nas principais comunidades da diáspora. O alfabeto armenio foi inventado no ano 405 por Mesrop Mashtots.
Etimoloxía esquerda|miniatura|Hayk, o fundador lendario da nación armenia. Pintura de Mkrtum Hovnatanian (1779–1846). Historicamente, o nome armenio chegou a designar internacionalmente ó pobo. Foi empregado primeiro polos países veciños da antiga Armenia. As fontes máis antigas do exónimo Armenia datan do século -VI. Na Inscrición de Behistún trilingüe do ano -517, Darío I o Grande de Persia refírese a Urashtu (en babilonio) como Armina (en persa antigo; Armina (30x20px 30x20px 30x20px 30x20px 30x20px) e Harminuya (en elamita).
En grego, Αρμένιοι ("armenios") tamén aparece durante o mesmo período, sendo quizais a fonte máis antiga un fragmento atribuído a Hecateo de Mileto (-476)." (The Armenians border on the Chalybes to the south)". Xenofonte, un xeneral grego que serviu nalgunhas expedicións persas, describe moitos aspectos da vida e a hospitalidade dunha vila armenia arredor do ano -401. Relata que ese pobo falaba unha lingua que ó seu oído sonaba como a lingua dos persas.
Os armenios chámanse a si mesmos hay (Հայ, pronunciado [ˈhaj]; plural: Հայեր, [haˈjɛɾ]). O nome deriva tradicionalmente de Hayk (en ), o lendario patriarca dos armenios e tatara-tataraneto de Noé, quen, segundo Moisés de Corene, derrotou ó rei babilonio Bel en -2492 e estabeleceu a súa nación na rexión de Ararat.Razmik Panossian, The Armenians: From Kings And Priests to Merchants And Commissars, Columbia University Press (2006), , p. 106. Tamén se ten propostoRafael Ishkhanyan, "Illustrated History of Armenia," Yerevan, 1989Elisabeth Bauer. Armenia: Past and Present (1981), p. 49 que o nome hay provén dun dos dous estados vasalos hititas, os Ḫayaša-Azzi (1600–1200 a.C.).
Moisés de Corene, un importante historiador armenio medieval, escribiu que a verba armenio provén do nome propio Armenak ou Aram (o descendente de Hayk).
Distribución xeográfica miniatura|dereita|Presenza armenia a comezos do século XX:</small> Armenia Os armenios tiveron presenza no altiplano armenio por máis de 4 000 anos, dende os tempos nos que Hayk, o lendario patriarca e fundador da primeira nación armenia, liderou ó seu pobo á vitoria fronte a Bel de Babilonia.Vahan Kurkjian, "History of Armenia", Michigan, 1968, History of Armenia by Vahan Kurkjian No presente, cunha poboación de 3,5 millóns, non só representan a maioría da poboación en Armenia, senón tamén na rexión en disputa de Artsakh. Os armenios na diáspora refírense a si mesmos informalmente como hayastantsi (Հայաստանցի), que quere dicir aqueles que proveñen de Armenia. Eles, ó igual que os armenios de Irán e Rusia, falan o dialecto oriental da lingua armenia. O propio país é secular como consecuencia da dominación soviética, pero a maioría dos seus cidadáns identifícanse como cristiáns armenios apostólicos.
Diáspora
Durante séculos, existiron pequenas comunidades relixiosas e comerciais armenias fóra de Armenia. Por exemplo, unha comunidade sobreviviu durante máis dun milenio na Terra Santa, e un dos catro barrios dentro da muralla da cidade vella de Xerusalén ten por nome o barrio armenio. Unha comunidade monástica católica e armenia fundada en 1717 existe nunha illa preto de Venecia. Tamén existen restos de outrora importantes comunidades armenias na India, Myanmar, Tailandia, Bélxica, Portugal, Italia, Israel, Polonia, Austria, Hungría, Bulgaria, Romanía, Serbia, Etiopía, Sudán e Exipto.
Porén, a maioría da diáspora actual está formada por armenios espallados por todo o mundo como consecuencia directa do xenocidio de 1915, constituíndo a parte principal da diáspora armenia. Porén, as comunidades armenios na capital de Xeorxia, Tbilisi, en Siria e en Irán existen dende a antigüidade.
Dentro da comunidade armenia na diáspora, existe unha clasificación non oficial de diferentes clases de armenios. Por examplo, os armenios orixinarios de Irán son coñecidos como Parskahay (Պարսկահայ), mentres que os armenios do Líbano son polo xeral coñecidos como Lipananahay (Լիբանանահայ). Os armenios da diáspora son os falantes maioritarios do dialecto occidental da lingua armenia. Este dialecto ten diferenzas considerables co armenio oriental, mais os falantes das dúas variedades poden entenderse sen dificultades. O armenio oriental na diáspora é falado en Irán e en países europeos como Ucraína, Rusia e Xeorxia (onde constitúen a maioría da provincia de Samtskhe-Javakheti). En diversas comunidades (como no Canadá e nos Estados Unidos) onde viven moitos tipos diferentes de armenios, hai unha tendencia para que os diferentes grupos se xunten.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Xenocidio armenio Bibliografía
I. M. Diakonoff, The Pre-History of the Armenian People (revisado, trans. Lori Jennings), Caravan Books, Nova York (1984), . George A. Bournoutian, A History of the Armenian People, 2 vol. (1994)
Aleksandra Ziolkowska-Boehm, The Polish Experience through World War II: A Better Day Has Not Come, Lanham, MD: Lexington Books, 2013, Russell D. Gray and Quentin D. Atkinson, "Language-tree divergence times support the Anatolian theory of Indo-European origin", Nature, 426, 435–439 (2003) George A. Bournoutian, A Concise History of the Armenian People (Mazda, 2003, 2004).
Categoría:Grupos étnicos de Armenia