Cleopatra é un filme de 1917 dirixido por J. Gordon Edwards e coa vampiresa do momento (Theda Bara), con Fritz Leiber o pai (1882 - 1949) como Xulio César e con Thurston Hall (1882 - 1958) como Marco Antonio.O actor que representou o personaxe de Xulio César neste filme era o pai do escritor de ciencia ficción Fritz Leiber.

Foi unha das producións máis elaboradas de Hollywood até entón, con decorados e vestiarios moi traballados. Segundo indicaba o estudo, a película custou 500 000 dólares e empregou case 200 persoas.

A historia deste filme mudo está baseada na obra de William Shakespeare Antonio e Cleopatra. Theda Bara aparece cunha gran cantidade de fantásticos vestidos bastante ousados para a época. O filme tivo un grande éxito.

Anos despois, as normas de Hollywood xulgaron este filme como demasiado impúdico para ser visto, e as últimas dúas copias foron destruídas nos incendios dos Estudos Fox. Só algúns fragmentos, hoxe en mans do Museo de Arte Moderna de Nova York, sobreviviron até os nosos días.

Elenco de actores esquerda|miniatura|Theda Bara como Cleopatra. esquerda|miniatura|Fragmento da película Theda Bara como Cleopatra. Fritz Leiber Sr. como Xulio César. Thurston Hall como Marco Antonio. Alan Roscoe como Pharon. Herschel Mayall como Ventidio. Dorothy Drake como Charmian. Delle Duncan como Iras. Henri De Vries como Octavio. Art Acord como Kefrén. Hector Sarno como o Mensaxeiro. Genevieve Blinn como Octavia.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cleopatra VII Theda Bara Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1917 Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados no século -I Categoría:Filmes ambientados no Antigo Exipto