Meleagris é un xénero de aves da orde dos galiformes, familia dos faisánidos e subfamilia dos meleagridinos.
O xénero inclúe tan só dúas especies que habitan en América, o pavo común (Meleagris gallopavo), que é orixinario dos Estados Unidos e México, e o pavo ocelado, (Meleagris ocellata), que é endémico das selvas da península do Iucatán.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.
Etimoloxía O nome científico do xénero, Meleagris, Linneo tirouno do grego antigo μελεαγρίς meleagrís, 'galiña de Guinea'.Meleagris no Merriam-Webster Unabriged Dictionary.
Especies Na actualidade só se coñecen no xénero dúas especies actualmente viventes,Meleagris Linnaeus, 1758 no ITIS.Phasianidae na IOC World Bird List]] (Versión 9.1. (2019). e outras dús extintas:
Xénero Meleagris Linnaeus, 1758 Meleagris gallopavo Linnaeus, 1758 - pavo doméstico Meleagris ocellata Cuvier, 1820 - pavo ocelado Meleagris californica † (Miller, 1909)Nota: especie extinta no plistoceno tardío ou no holoceno temperán.California Department of Fish and Game. Wild Turkey Guide 2005 . Meleagris crassipes † Cope, Marsh, Shufeldt & WetmoreNota: especie extinta no plistoceno tardío.
Características Tanto o macho como a femia teñen a cabeza espida e unha plumaxe de cor cobriza, negra, castaña ou esbrancuxada, pero o macho posúe unhas excrecencias carnosas, chamadas carúnculas, que penduran da cabeza e o pescozo, e un destacado guecho de plumas colgando do peito. Miden até 1,17 m de longo, sendo as aves máis grandes dos bosques en que habitan e, como na maioría das moitas especies de galiformes, o macho é máis grande que a femia e con máis colorido. En estado salvaxe os machos de M. gallopavo pesan entre 8 e 10 kg e as femias entre 4 e 5 kg, pero os animais domesticados alcanzan pesos maiores (15 kg os machos), xa que a selección durante séculos e os diferentes procedementos de reprodución e alimentación tenderon a lograr un alto rendemento de carne para a alimentación humana.
Comportamento Os pavos aliméntanse principalmente de landras, sementes e insectos. En estado silvestre viven en grupos de até 20 individuos en lugares achegados a árbores. Usualmente camiñan aínda que poden voar. Durante o cortexo o macho atrae a femia con sons e espónxase elevando as súas plumas e abrindo a cola en abano. A femia fecundada pon de 8 a 15 ovos nun niño oculto entre a vexetación, que logo incuba durante 25 ou 30 días até que saen os pitos, nidífugos, que, aínda que se alimentan pola súa conta, dependen da protección da nai.
Rexistro fósil Existen espécimes fósiles de meleagridinos do mioceno mioceno inferior dos Estados Unidos (hai aproximadamente 23 millóns de anos), como Rhegminornis,Olson, S. L. & Farrand, J. (1974): "Rhegminornis restudies: a tiny Miocene turkey" . The Wilson Bulletin, 86 (2): 114–120. e Proagriocharis (do mioceno superior-plioceno inferior).Martin, L. D. & Tate, J. (1970): "A new turkey from the Pliocene of Nebraska". The Wilson Bulletin, 82 (2): 214–218.
Relación co home O pavo común salvaxe domesticouse por primeira vez en México hai xa máis de mil anos, e exportouse a Europa no século XVI. A comezos do século XX empezou a desaparecer, como especie silvestre, en gran parte dos Estados Unidos.
Actualmente a cría de pavos domésticos é unha industria a grande escala en Norteamérica e Europa. É ben coñecido o feito de que o pavo é o prato preferido para celebracións como o Nadal e o Día de Acción de Grazas nos Estados Unidos."Guajolote, rey de fiestas decembrinas" . El Universal. Ciudad de México, 19 de decembro de 2009. Consultado o 7 de febreiro de 2019.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía McGowan, P. J. K. (1994): "Family Phasianidae (Pheasants and Partridges)". En: del Hoyo, J.; Elliot, A.; Sargatal, J. "New World Vultures to Guineafowl". Handbook of the Birds of the World. 2. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6. Johnsgard, P. A. (1999): The Pheasants of the World. 2nd ed. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-1-5609-8839-7. Johnsgard, P. A. (1988): The Quails, Partridges, and Francolins of the World. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-7193-3.
Outros artigos Galiformes Fasiánidos Meleagridinos
Ligazóns externas Meleagris na ADW. Meleagris Linnaeus 1758 na EOL.
Categoría:Meleagris