Os New York Mets son un equipo profesional estadounidense de béisbol con sede no barrio de Queens, Nova York. O club compite na Major League Baseball (MLB) como membro da Divisón Leste da Nationa League (NL). Son un dos dous equipos das ligas maiores que posúe a cidade de Nova York, sendo o outro os New York Yankees. Os Mets foron fundados en 1962 como unha das primeiras franquías de expansión das Grandes Ligas co obxectivo de substituír os Brooklyn Dodgers e aos New York Giants tras a súa marcha da cidade. De feito, as cores dos Mets son o azul dos Dodgers e o laranxa dos Giants, que á súa vez son as cores da bandeira da cidade. Durante as temporadas 1962 e 1963, os Mets xogaron os seus partidos como local nos Polo Grounds. De 1964 a 2008 o fogar do equipo sería o Shea Stadium, xogando desde 2009 no Citi Field.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do equipo

Categoría:Equipos da MLB