As Catro Columnas (en ), tamén coñecidas como as Columnas de Puig i Cadafalch, son 4 columnas con capiteis xónicos que reproducen as que foron construídas no ano 1919 polo arquitecto catalán Puig i Cadafalch, onde está na actualidade a Fonte Máxica de Montjuïc, en Barcelona. Simbolizan as catro barras da Bandeira de Cataluña e, inicialmente, estaban destinadas a ser un dos símbolos do nacionalismo catalán.

As orixinais foron demolidas en 1928 durante a ditadura de Primo de Rivera, un ano de celebrarse a Exposición Universal de 1929. No ano 2010, foron reconstruídas a poucos metros do lugar orixinal. No momento actual, son un símbolo de perseveranza, convición e da forza de lingua, cultura e identidade nacional catalá.

Construción miniatura|As Catro Columnas orixinais As columnas formaban parte dun proxecto de urbanización da montaña de Montjuïc que Puig i Cadafalch presentou en 1915, coa finalidade de realizar unha exposición en 1917 centrada no tema da electricidade e a industria eléctrica. Pretendía presentar, a nivel mundial, a Barcelona como capital do Mediterráneo, e a Cataluña como un país cun goberno moderno, a Mancomunidade, e este proxecto sería como o "Versalles catalán". O proxecto foi rexeitado, pero Puig i Cadafalch, volveu presentalo con vistas á Exposición Universal de 1929. Construíronse en 1919, e foron a primeira edificación do proceso de urbanización da montaña.

As columnas, situada na Praza das Belas Artes, tiñan que representar a Cataluña: a columnata representaría a herdanza grega (unha referencia ao templo de Atenea Niké da acrópole de Atenas) e un edificio con cúpula homenaxearía o legado romano. O proxecto global había ser o núcleo fundamental da futura futura Exposición Universal de 1929.

Foron construídas con ladrillos enlucidos que imitaban a pedra e tiñan uns 20 metros de altura e 2,5 metros de diámetro. O arquitecto tiña pensado coroar as 4 columnas con 4 vitorias aladas mais esta parte non se chegou a realizar.

Demolición esquerda|miniatura|Demolición da última columna. miniatura|A Fonte Máxica de Montjuïc. O paso do tempo deixou obsoleto o obxectivo de dedicar a exposición exclusivamente á industria eléctrica, e en 1925 decidiuse que sería denominada Exposición Internacional de Barcelona. O cambio de obxectivo levou á reorganiza-la exposición que se centraría en tres aspectos: a industria, o deporte e a arte. Neste novo período, Puig i Cadafalch foi relegado polas súas ideas catalanista e a súa relación coa Mancomunidade, e a organización pasou a mans do marqués de Foronda e foi nomeado como director das obras Pere Domènech i Roura.

As columnas foron demolidas no ano 1928, pouco antes dunha visita de Primo de Rivera á cidade. Este, durante a súa ditadura, ordenou a eliminación sistemática de tódolos símbolos públicos do catalanismo para que non tiveran presenza nos medios de comunicación e limtar o impacto que podería darlles a Exposición Universal de 1929, que estaba a ter lugar en Montjuïc.

A belixerancia da ditadura foi tal que chegou a modificar os nomes de moitos pobos: castelanizounos e eliminou os carteis cos nomes das rúas en catalán. Igualmente, o complexo que había chamarse Iberona, en lembranza dos iberos, os primeiros habitantes das terras catalás, pasou a deominarse como "Pueblo español", e a praza dende a que se accedía ao recinto pasou a ser Praza de España. E tamén fixo colocar dúas torres venecianas na entrada. Con posterioridade, Franco mesmo chegou a inhabilitar como arquitecto a Puig i Cadafalch.

Proceso de reconstrución miniatura|Proceso de reconstrución das Catro Columnas miniatura|Operarios rematando o proceso de reconstrución. Co restablecemento da democracia xurdiron varias voces que reclamaban a reconstrución das columnas, e mesmo o concello de Barcelona aprobou a restitución en 1994, pero non se puido chegar a un acordo sobre a localización máis axeitada.

No ano 2001, o arquitecto Joaquín Español presentou un proxecto para a restauración das 4 columnas, pero o proxecto foi rexeitado pola clase política.

Un ano despois, en 2002, a Rede de Entidades Cívicas e Culturais dos Países Cataláns polos Dereitos e Liberdades Nacionais, que representaba a máis de 60 asociacións, comezou a pedir adheseións, sinaturas e o apoio para a reconstrución.La Vanguardia, "Empiezan las movilizaciones ciudadanas para reclamar la reubicación original de las columnas de Puig i Cadafalch" 25 d'abril de 2007. Progresivamente, varias personalidades do mundo da política e da cultura, tales como Jordi Pujol, Pasqual Maragall, Ernest Benach, Gabriel Ferraté, Vicent Partal, Antoni Tàpies, Isabel-Clara Simó e Josep Maria Ainaud de Lasarte, entre outros, deron o seu apoio á iniciativa.

Entre 2005 e 2007, producíronse varios pronucnciamentos de diferentes institucións públicas: o 9 de novembro do 2005 o Parlamento catalán aprobou unha resolución sobre a posible recuperación do monumento, e un ano despois o Consello da cidade asegurou que en 2007, o 50º aniversario da morte de josep Puig i Cadafalch, sería un bo ano para reconstruír as columnas; e comezaron as conversas entre Ferran Mascarell, entón concelleiro de Cultura da cidade, e os responsables da Rede de Entidades Cívicas.

Durante o 2007, o Institut d'Estudis Cataláns organizou a exposición itinerante "Puig i Cadafalch arquitecto e político, e o monumento das catro columnas en Montjuïc", que se presentou, entre outros lugares, no Ateneo Barcelonés, en Mataró, Xirona, la Bisbal d'Empordà e Les Borges Blanques.

No pleno do 27 de xuño de 2008, o Parlamento de Cataluña aprobou unha proposición non de lei, co apoio de tódolos partidos políticos e presentado por ERC, para promover a restauración dos Catro Columnas, en homenaxe aos patriotas cataláns. En 2009 presentouse un proxecto de construción, desenvolvido polo equipo de arquitectos Roselló-Sangenís, seguindo o proxecto orixinal do edificio de Puig i Cadafalch e algúns manuais de construción clásicos. O concello de Barcelona presentou o proxecto nos medios de comunicación o 10 de novembro de 2009.

As obras de reconstrución comezaron durante o primeiro trimestre de 2010. Inicialmente estaba previsto que se inaugurara o monumento durante a Diada do 11 de setembro, ou para as Festas da Mercè, pero as obras foron prolongándose. Posteriormente, informouse que cada columna tería unha altura de 18,7 metros. O día 4 de novembro de 2010 soterrouse, na base das columnas, unha furna conmemorativa coa documentación xerada por varias organizacións cívicas durante o proceso de reivindicación da reconstrución das columnas. O día 7 de decembro elimináronse as estadas que se instalaran para construílas.

A reconstrución, cun orzamento de 2,5 millóns de euros, foi realizada con aneis de pedra artificial -unha mestura de cemento, granito , mármore branco, colocados mediante un guindastre e fixadas mediante unhas pezas metálicas. Con todo, a súa construción foi realizada na Praça do Marquès de Foronda, entre a Fonte Máxica e o Palau Nacional de Montjuïc, un pouco máis arriba da súa localización orixinal. A altura definitiva das columnas, incluíndo o pedestal, é de 20 metros.

Inauguráronse oficialmente o domingo 27 de febreiro de 2011, coa presenza de Artur Mas, presidente da Generalitat de Cataluña, de Núria de Gispert, presidenta do Parlamento de Cataluña, e de Jordi Hereu, alcalde de Barcelona.

Na base dunha das columnas aparece a inscrición:

Outras construcións En 1999 a Universidade Autónoma de Barcelona ergueu catro columnas no campus de Bellaterra como homenaxe ás de Puig e Cadafalch. Foron realizadas polo escultor valenciano Andreu Alfaro.

Galería

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas "Campaña para a restitución dos Catro Columnas" O círculo catalán de Historia, Especial 4 Columnas "Exposición Virtual sobre o monumento de Catro Columnas" Vídeo sobre a reconstrución das columnas de Puig i Cadafalch . Concello de Barcelona Reportaxe de TV3 sobre as Catro Columnas. Entrevista co investigador Jordi Salat, redescobridor do 4 columnas

Categoría:Nacionalismo catalán