José Antonio Vázquez Rey, nado en Campaña (Valga) o 14 de abril de 1888 e finado en Buenos Aires, foi un mestre e político galego.

Traxectoria Mestre nacional en Brión e despois en Pontecesures onde foi director da escola graduada. Afiliado ao PSOE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido a principios de agosto co seu irmán Francisco e trasladados á prisión de Compostela.El Pueblo Gallego, 8-8-1936, p. 7. Un antigo alumno seu falanxista axudounos para saír en liberdade. Fuxiron a Arxentina embarcando no vapor Monte Olivia en Vilagarcía de Arousa o 22 de setembro. Arribou a Buenos Aires o 14 de outubro de 1936.Centro de Estudios Migratorios Latinoamericanos Foi cesado como mestre, e en xullo de 1937 foi separado do servizo e baixa na escala.El Pueblo Gallego, 13-7-1937, p. 3. Instalouse en Buenos Aires, onde traballou nunha entidade bancaria e na editorial EMC.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos da Arxentina

Categoría:Nados en Valga

Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en ano descoñecido