dereita|miniatura|Selk'nam. Os selk'nam, tamén coñecidos como onawo ou ona,Entrada ona en Digalego son un pobo indíxena da rexión da Patagonia, no sur da Arxentina e Chile, incluíndo as illas de Terra de Fogo. Foron un dos derradeiros pobos nativos de América do Sur en ser contactados por emigrantes europeos occidentais a finais do século XIX. Coa descuberta de ouro e a expansión da gandería de ovellas, os gobernos da Arxentina e Chile comezaron a colonizar e exterminar os pobos indíxenas de Terra de Fogo.
Estaban considerados extintos como tribo, pero en 2023 os seus descendentes mestizos foron recoñecidos como pobo indíxena pola Constitución de Chile. Keyuk Yantén un chileno mestizo de Santiago con devanceiros selk'nam, aprendeu el só a lingua e está considerado o único falante.Judith Thurman, "A Loss for Words", The New Yorker, 30 de marzo de 2015
miniatura|esquerda|300px|Distribución dos pobos indíxenas do sur de Chile. Os selk'nam en amarelo claro.
Aculturización e proceso de recuperación miniatura|Enriqueta Gastelumendi (1913-2004) foi unha dos derradeiros descendentes directos do pobo selk'nam, filla de nai selk'nam e pai vasco. As sociedades que emerxeron do xenocidio na Patagonia austral cubriron cun manto de silencio a participación de distintos actores no proceso, deron por extintos os pobos indíxenas e negaron a súa significación histórica. En 1974 morreu Ángela Loij, quen coñecera o xeito de vida nómade na súa mocidade, na parte arxentina da illa Grande da Terra do Fogo, formando a comunidade Rafaela Ishton.
Contra a década de 1980 quedaban unhas 9 persoas que coñeceran a vida nómade: Pacheco, Francisco Minkiol, nado en 1916 en Río Gallegos, Federico Echelaine, nado en 1905, Luis Garibaldi Honte, nado na Illa Grande da Terra do Fogo, Segundo Arteaga e Rafaela Ishton Martínez. Anne Chapman cita tamén a Rosaria Imperial e Alfredo Rupatini. O grao de coñecemento da lingua selk'nam variaba en cada caso, aínda que probablemente para a segunda década do século XX xa non quedaba ninguén vivo que falase esta lingua como falante nativo.
miniatura|250px|Bandeira dos selk'nam. O 12 de decembro de 1996 o Instituto Nacional de Asuntos Indíxenas da Arxentina recoñeceu a personería xurídica da Comunidade Indíxena Rafaela lshton de Ushuaia, pertencente ao pobo selk'nam. O 2 de xuño de 1999 morreu Virginia Choquintel, a derradeira selk'nam pura (filla de pai e nai selk'nam), aínda que non se criou nin conviviu segundo os costumes do seu pobo. Na súa honra bautizouse o museo de historia de Río Grande. A Enquisa Complementaria de Pobos Indíxenas (ECPI) 2004-2005, complementaria do Censo Nacional de Poboación, Fogares e Vivendas 2001 da Arxentina, deu como resultado que se recoñeceron e/ou descenden en primeira xeración deste pobo 696 persoas na Arxentina (ningunha residindo en comunidades indíxenas), das cales 391 vivían na Terra de Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur; 114 na cidade de Buenos Aires e 24 partidos do Gran Buenos Aires; e 191 no resto do país.
O Censo Nacional de Poboación de 2010 na Argentina revelou a existencia de 2761 persoas que se autorecoñeceron como selk'nam en todo o país, 294 das cales na provincia de Terra do Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur.
En Chile fundouse a Comunidade Covadonga Ona en 2012, recoñecida legalmente como Corporación Selk'nam Chile en 2015, que solicitou o recoñecemento da vila por parte do estado en 2020.https://obtienearchivo.bcn.cl/obtienearchivo?id=repositorio/10221/28264/1/BCN2020___Reconocimiento_pueblo_selk_nam.pdf O seu obxectivo é «reunir os integrantes do pobo selk'nam, revitalizar a cultura, fortalecer a lingua, costumes, cerimonias e crear alianzas de colaboración con outros pobos vulnerados». En outubro de 2023, promulgouse o recoñecemento legal do pobo selk'nam, converténdose no décimo primeiro pobo indíxena oficial do país.
Na capital chilena, Santiago, formouse o equipo Selknam Rugby en 2019 como homenaxe a este pobo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lola Kiepja Fueguinos
Bibliografía Luis Alberto Borrero, Los Selk'nam (Onas), Buenos Aires: Galerna, 2007. Lucas Bridges, Uttermost Part of the Earth, Londres, 1948.
Categoría:Pobos indíxenas de Chile Categoría:Pobos indíxenas da Arxentina