O qʼeqchiʼ (tamén escrito kekchi, k'ekchi' ou kekchí) é unha lingua maia falada polo pobo qʼeqchiʼ de Guatemala (lingua nacional)Proyecto de Reformas a la Constitución Política e Belize. O qʼeqchiʼ está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Distribución A área onde viven os falantes de qʼeqchiʼ esténdese dende o norte de Guatemala até o sur de Belize. Tamén hai algunhas comunidades falantes de qʼeqchiʼ en México.

Calcúlase que a área onde se fala o qʼeqchiʼ no norte de Guatemala abrangue uns 24 662 km². Os departmentos e concellos específicos onde se fala o qʼeqchiʼ en Guatemala son: DepartamentoConcelloAlta VerapazChahal, Chisec, Cobán, Fray Bartolomé de las Casas, Lanquín, Panzós, Chamelco, Carchá, Cahabón, Senahú, TucurúBaja VerapazPurulháPeténLa Libertad, Poptún, San Luis, SayaxchéQuichéIxcán, Playa Grande, UspantánIzabalEl Estor, Livingston, Morales No país de Belize, o qʼeqchiʼ fálase no distrito de Toledo. O qʼeqchiʼ é a primeira lingua de varias comunidades do distrito, e a maioría dos maias en Toledo fálano.

Terrence Kaufman describe o qʼeqchiʼ en dous grupos dialectais principais: o oriental e o occidental. O oriental inclúe as variedades faladas en Lanquín, Chahal, Chahabón e Senahú, mentres que o occidental é falado no resto de lugares.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Linguas maias Categoría:Linguas de Guatemala Categoría:Linguas de Belize Categoría:Linguas do Salvador Categoría:Linguas aglutinantes