Robert Neal Baxter, nado en Shrewsbury en 1966, é un lingüista e tradutor británico vinculado a Galicia.

Traxectoria Baxter é licenciado en Lingüística e Francés pola Universidade de York en 1989. Fixou a súa residencia en Galicia en 1993. Doutorouse en Tradución pola Universidade de Vigo en 2003, á que está vencellado como profesor de interpretación como membro da Facultade de Filoloxía e Tradución. É especialista nas linguas galega e bretoa. Foi corrector na publicación Terra e Tempo.

Canto á súa faceta política, é militante da UPG, partido integrado no BNG.

Obra Traducións do galego ao bretón Álvaro Cunqueiro, "Taolioù-kaer Bran" (título orixinal: "Os oficios de Bran") en Homenaxe a Álvaro Cunqueiro no seu XXV Cabodano (2006: 24-27), Universidade de Vigo. Xosé Luís Méndez Ferrín, "Evit ur mab din" (título orixinal: "A un meu fillo"), en A un home noso. Homenaxe a Xosé Luís Méndez Ferrín, Universidade de Vigo, 2008 (ISBN 978-84-8158-396-1).

Traducións do bretón ao galego Mich Beyer, Unha volta polo inferno (título orixinal: Troiad en ifern), Editorial Hugin e Munin (2021) ISBN 978-84-123933-1-6.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor en Terra e Tempo. Páxina web do persoeiro

Categoría:Nados en 1966 Categoría:Tradutores do galego Categoría:Políticos do BNG Categoría:Nados en Shropshire Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Tradutores ao galego