Cult of Luna é unha banda sueca de heavy metal procedente de Umeå fundada en 1998. Adoitan a tocar música post-metal semellante á das bandas contemporáneas Neurosis e Isis. A banda asinou co selo Earache Records a principios dos 2000 e publicou cinco álbums, incluído os comercialmente exitosos Salvation (2004) e Somewhere Along the Highway (2006). Tras un longo período de inactividade Cult of Luna regresou coa súa estrea co selo Indie Recordings Vertikal (2013) e o EP de acompañamento Vertikal II (2013), ámbolos dous moi influenciados polo filme de 1927 de Fritz Lang Metropolis. A banda editou o seu sétimo álbum Mariner, de temática espacial, no ano 2016 contando co vocalista estadounidense Julie Christmas.

Discografía Álbum Ano Selo Cult of Luna 2001 Rage of Achilles The Beyond 2003 Earache Records Salvation 2004 Earache Records Somewhere Along the Highway 2006 Earache Records Eternal Kingdom 2008 Earache Records Vertikal 2013 Indie Recordings Mariner 2016 Indie Recordings A Dawn to Fear 2019 Metal Blade RecordsThe Long Road North 2022 Metal Blade Records

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de Umeå Categoría:Grupos musicais de post-metal Categoría:Grupos musicais de sludge metal Categoría:Grupos musicais de metal progresivo Categoría:Grupos musicais formados en 1998