2004 (MMIV) foi un ano bisesto comezado en xoves, e terminado en venres, segundo o calendario gregoriano; foi ano santo xacobeo, cuarto do terceiro milenio e quinto da década de 2000.

Foi designado o Ano Internacional do Arroz polo Consello Económico e Social das Nacións Unidas. Foi tamén o Ano do Mono e do elemento madeira, segundo o horóscopo chinés.

Acontecementos

3 de xaneiro: o voo 604, un Boeing 737 das Flash Airlines exipcias, estrélase no mar Vermello e morren os 148 pasaxeiros e tripulantes. 3 de xaneiro: a Sonda Spirit da NASA aterra satisfactoriamente na superficie de Marte. 17 de xaneiro: Josu Jon Imaz substitúe a Xabier Arzalluz como presidente do Euzkadi Buru Batzar (órgano executivo do PNV). 29 de febreiro: Jean Bertrand Aristide deixa o poder en Haití. 11 de marzo: 191 persoas mortas nun atentado de Al Quaeda en Madrid. 14 de marzo: eleccións ao parlamento español co resultado da vitoria de José Luis Rodríguez Zapatero. Durante os tres días previos produciuse un intenso debate social e diversas manifestacións. 29 de marzo: Estonia pasa a formar parte da OTAN. 1 de maio: a Unión Europea incorpora 10 novos países: Chequia, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Malta, Polonia. 27 de outubro: dáse por rematada a limpeza do fuel que quedaba no Prestige e o barco Polar Prince abandona definitivamente a zona do afundimento. A operación custou 100 millóns de eurosLa Voz de Galicia, 28.10.2004.. 26 de decembro, no noroeste da illa de Sumatra prodúcese un terremoto submarino, dunha magnitude estimada de 9.0, que provocou un tsunami que devastou as costas de Indonesia, Sri Lanka, o sur da India, Tailandia e outros países, causando a morte de entre 240 000 e 300 000 persoas. O Camiño de Santiago recibe o Premio Príncipe de Asturias da Concordia, como lugar de peregrinación e encontro entre persoas e pobos. Celebración do Foro Social Mundial en Bombai. A finais de ano 9 países informaron de focos de gripe aviaria H5N1 (8 en aves domésticas): Camboxa, a China, Corea, Indonesia, Laos, Malaisia, Tailandia, Vietnam e o Xapón.

Mortes 9 de xaneiro - Norberto Bobbio, filósofo e politicólogo italiano. 14 de febreiro - Marco Pantani, ciclista italiano. 17 de febreiro - José López Portillo, político e expresidente de México. 28 de febreiro - Carmen Laforet, escritora española. 4 de marzo - Fernando Lázaro Carreter, filólogo e académico español. 6 de marzo - Luísa Villalta, escritora galega. 15 de marzo - John Pople, químico británico Premio Nobel de Química. 17 de abril - José Rodríguez López, empresario galego (n. 1910). 3 de maio - Alberto Puente García, dirixente comunista galego (n. 1918).

9 de maio - Ajmad Kadirov, presidente de Chechenia. 5 de xuño - Ronald Reagan, expresidente estadounidense. 10 de xuño - Ray Charles, cantante e compositor estadounidense. 16 de xuño - Antón Tovar, poeta galego. 1 de xullo - Marlon Brando, actor estadounidense. 2 de xullo - Sophia de Mello Breyner Andresen, poeta portuguesa. 28 de xullo - Francis Crick, científico inglés, codescubridor da estrutura do ADN. 2 de agosto - Henri Cartier-Bresson, fotógrafo francés. 14 de agosto - Czesław Miłosz, escritor polaco, Premio Nobel de Literatura en 1980. 8 de setembro - Manuel María, poeta de Outeiro de Rei. 24 de setembro - Françoise Sagan, escritora francesa. 1 de outubro - Richard Avedon, fotógrafo británico. 5 de outubro - Maurice Wilkins, físico inglés codescubridor da estrutura do ADN. 8 de outubro - Jacques Derrida, filósofo francés. 9 de novembro - Stieg Larsson, xornalista e escritor sueco. 11 de novembro - Yaser Arafat, presidente da Autoridade Nacional Palestina. 28 de decembro - Susan Sontag, escritora estadounidense. 30 de decembro - Agustín Sixto Seco, médico galego.

Premios Nobel

Física: David J. Gross, H. David Politzer e Frank Wilczek Química: Aaron Ciechanover, Avram Hershko e Irwin Rose Fisioloxía ou Medicina: Richard Axel e Linda B. Buck Literatura: Elfriede Jelinek Paz: Wangari Maathai Economía: Finn E. Kydland e Edward C. Prescott

Día das Letras Galegas dedicado a: Xaquín Lorenzo

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Historia ano a ano

Categoría:2004