O Santuario da Virxe de GuadalupeSantuario de Guadalupe Turismo Euskadi Consulta o 16 de febreiro de 2017 (en ) é unha capela e santuario católico, situado na montaña Jaikzibel, en Hondarribia, en Guipúscoa, no País Vasco.

Historia Aparece mencionado por primeira vez nun documento de 1526, de feito, o mariñeiro Juan Sebastián Elcano doou seis duques de ouro nesta capela. Segundo a tradición, a capela érguese no lugar onde dous nenos atoparon a imaxe da virxe. É a advocación orixinal da Virxe de Guadalupe, no País Vasco. Orixinaria do século XVI, foi destruído moitas veces ó longo da historia.

É un templo dunha nave cun cruceiro e paredes de cabeceira planas. O templo orixinal do século XVI foi renovado, máis tarde, principalmente no século XVIII. O obra actual data maioritariamente do século XIX. A torre foi construída en 1868 e está en ángulo entre as fachadas do sur e o leste.

Logo do asedio de Hondarribia, en 1638, a cidade acudiu nunha gran procesión ata a capela para agradecer a protección durante o ataque e celebrar a vitoria.

Esta procesión é celebrada hoxe en día, cada 8 de setembro, no chamado "Alarde de Hondarribia"

Interior O principal retablo é de estilo barroco, obra de Juan Bautista Igeluz e Jazinto Elduain e realizado en 1748. Os retablos dos lados foron traídos dende a parroquia. O retablo da esquerda, o ofrecido a San Sebastián, é de 1507 con renovacións de 1642. O retablo da dereita, é de 1760, e está ofrecido a San Xoán Bautista.

Hai tamén algúns frescos de Bienabe Artia de 1949.

Notas

Categoría:Ermidas de España Categoría:Santuarios de España Categoría:Guipúscoa