The Beta Band foi unha banda escocesa de indie rock formada en 1996 en Edimburgo. Foi aclamada pola crítica e chegou a acadar o status de banda de culto. O seu estilo foi descrito como "folktrónica", unha mestura de folk, música electrónica, rock, trip hop e improvisación experimental.

The Beta Band separouse no ano 2004 tras publicar tan só tres álbums de estudio, pero durante a súa carreira foron aclamados por bandas como Radiohead ou Oasis, sendo escollida por estes últimos para abrir os seus concertos en 2001. A música da banda apareceu en múltiples películas, como High Fidelity e It's All Gone Pete Tong.

Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo The Beta Band 1999 Regal Recordings, Astralwerks Hot Shots II 2001 Regal Recordings Heroes to Zeros 2004 Regal Recordings

EPs Álbum Ano Selo Champion Versions 1997 Regal Recordings The Patty Patty Sound 1998 Regal Recordings Los Amigos del Beta Bandidos 1998 Regal Recordings

Notas

Categoría:Grupos musicais de Edimburgo Categoría:Grupos musicais de folktrónica Categoría:Grupos musicais de música experimental Categoría:Grupos musicais de downtempo Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de folk Categoría:Grupos musicais formados en 1996 Categoría:Grupos musicais separados en 2004