Acisclo Rogelio Manzano Freire, nado en Ourense o 6 de maio de 1940, é un escultor galego.

Traxectoria Estudou na Escola de Formación Profesional Acelerada e na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela. Traballou nun curto período no obradoiro de Francisco Asorey. Integrouse no grupo "O volter" con Xaime Quessada e Xosé Luís de Dios e no grupo "Sete artistas galegos", con Manuel Buciños, Arturo Baltar, Virxilio Fernández Cañedo e Xavier Pousa Carrera.

Foi medalla nacional de Arte Xuvenil e realizou exposicións individuais en España e fóra dela. No ano 2008Acisclo Manzano entra en la Academia de Belas Artes con el recuerdo de Quessada, La Voz de Galicia, 27/01/2008 . é nomeado académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes na sección de escultura.

En 2023 premio Alecrín da Cultura das entidades culturais galegas en Cataluña.

Obra Empezou cun expresionismo de extraordinaria forza. Máis tarde foi cara a formas recluídas, vagamente figurativas. A etapa ibicenca está directamente inspirada nos restos fidianos do Partenón.

Ten ilustrado distintas obras dos escritores Luís González Tosar e Miguel Mosquera Paans.

Publicacións Archivos de la memoria y el mar, Ourense, 2008.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Pablos, Francisco: Plástica galega. Vigo, Caja de Ahorros Municipal de Vigo, 1981. Xunta de Galcia: Acisclo Manzano: as portas da luz, 2004. Acisclo Manzano & Xaime Quesada: Memoria e liberdade, 2000. Mercedes Gallego Esperanza: Acisclo Manzano, 2017.

Ligazóns externas

Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1940 Categoría:Membros da Real Academia Galega de Belas Artes Categoría:Premio Otero Pedrayo