Matilde Albert Robatto, nada en Mugardos en 1940, é unha profesora e escritora galega.
Traxectoria Marchou aos cinco anos a Madrid. Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade Complutense de Madrid. Aos vinte e un anos casou e trasladouse a Porto Rico. Na Universidade de Porto Rico fixo o doutoramento sobre a narrativa de Juan Goytisolo. Catedrática do departamento de Estudios Hispánicos e directora do Seminario Federico de Onís. É directora do departamento de Estudios Hispánicos de Río Piedras da Universidade pública de Porto Rico. Organizou as Jornadas de la Emigración Gallega a Puerto Rico.
Obras La creación literaria de Juan Goytisolo, 1977. Rosalía de Castro y la condición femenina, 1981. Rosalía de Castro y Emilia Pardo Bazán. Afinidades y contrastes, 1995. Ángel Botello en la historia del exilio gallego, 1995.
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Galegos de Porto Rico Categoría:Nados en Mugardos Categoría:Nados en 1940 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes