miniatura|Partitura de De mon triste déplaisir, de Jean Richafort Jean Richafort, nado arredor de 1480 e finado arredor de 1547, foi un compositor dos Países Baixos borgoñóns da época do Renacemento, pertencente ás escola francoflamenga.Artigo "Jean Richafort" en The New Grove Dictionary of Music and Musicians. Es. Stanley Sadie. Londres. Macmillan Ltd. 1980. [ISBN 1-56159-174-2]
Traxectoria Crese que Jean Richafort puido nacer en Hainaut, nos Países Baixos, e con máis seguridade sostense que faleceu na cidade de Bruxas. Semella que a súa lingua materna foi o francés.
Segundo Pierre de Ronsard, Richafort estudou con Josquin des Prés, para quen compuxo un requiem en 1532.
Foi mestre de capela da catedral de Saint-Rombaut, en Malines, entre os anos 1507 e 1509, e seguidamente na igrexa de Saint-Gilles, en Bruxas, entre 1542 e 1547, aínda que non se coñece exactamente o que fixo nese intermedio. Parece que traballou para a capela real de Francia durante algún tempo, xa que algunhas das súas composicións están destinadas a cerimonias relacionadas con Lois XII.
Algunhas evidencias suxiren que estivo en Bruxelas en 1531, quizais ao servizo de María de Hungría, daquela gobernadora dos Países Baixos españois.
Discografía Christus resurgens, motete (coa misa de Adrian Willaert baseada nel), CD Naxos 8.553211. Requiem [in memoriam Josquin Desprez], interpretado por The Huelgas Ensemble, CD Harmonia Mundi HMC 901874. Missa Pro Defunctis, interpretada por Cinquecento, CD Hyperion CDA67959. Requiem. Na memoria de Josquin Després, interpretado por The King's Singers, CD Signum SIG 326.
Véxase tamén Ligazóns externas Partituras de Jean Richafort. En The Choral Public Domain Library.
Bibliografía Gustave Reese, Music in the Renaissance. Nova York. W.W. Norton & Co, 1954. [ISBN 0-393-09530-4]
Notas
Categoría:Compositores dos Países Baixos Categoría:Compositores franco-flamengos