A cambio de nada é un filme español de 2015 dirixido por Daniel Guzmán, sendo o primeiro da súa carreira. Gañou a Biznaga de Ouro do Festival de Málaga e dous Premios Goya.

Sinopse Darío (Miguel Herrán) e Luismi (Antonio Bachiller) son dous amigos e veciños de 16 anos que manteñen un estreito vínculo desde pequenos. Un deles, Darío, ten que afrontar a separación dos seus pais, un inferno familiar que o obriga a fuxir da casa. Para gañarse a vida, o mozo empeza a traballar para Caralimpia, un antigo delincuente que rexenta un taller. Xunto a Luismi, o seu novo xefe e Antonia (Antonia Guzmán), unha anciá que recolle mobles abandonados, Darío atopará unha nova familia e unha forma distinta de ver a vida.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas 'A cambio de nada' en IMDb.com

Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes rodados en España