A praia de Les Bovetes é unha praia de area situada no concello de Dénia, na provincia de Alacant. Ten o distintivo de bandeira azul.

Limita ao norte co dique de Molins e ao sur co barranco de l'Alter e ten unha lonxitude de 1.733 metros por 80 de largo. Sitúase nunha contorna semiurbana, dispoñendo de acceso dende a rúa. É accesible para discapacitados e ten balizamento.

Véxase tamén Ligazóns externas Información na web do concello de Dénia

Bovetes Categoría:Artigos sen imaxes